Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2016/2017. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2016/2017. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de junio de 2017

GRACIAS POR EMOCIONARME CADA DÍA


Xa rematou o curso, un curso cheo de emocións.

Estes meses xuntos, aprendemos a abrir os nosos  corazóns e a deixarnos levar polos sentimentos (que non sempre é algo doado de facer). Pouco a pouco, démonos conta do importante que é recoñecer todo o que pasa dentro de nós para poder xestionalo o mellor posible.

Coma todos, eu tamén apendín cada día. Moito.

Os vosos sorrisos, sinceros e espontáneos, fixéronme pensar nese proverbio escocés que di que "Os sorrisos custan menos que a electricidade e dan máis luz", pois grazas a eles os días grises volvéronse amarelos (vós xa me entendedes!).

Charlando con vós (e foron moitas as ocasións que tivemos) puiden ver as grandes persoas que agochades nos vosos pequenos corpos. Sodes quen de chorar coas penas axenas, de indignarse ante a inxustiza, de compartir con quen máis o precisa, de facer fronte ás adversidades (porque os nenos tamén teñen que afrontar grandes retos, que ás veces os adultos pasamos por alto), de tender unha man a quen a necesita, de recapacitar e pedir perdón, de recoñecer os vosos puntos fortes e débiles, de traballar en equipo, de respectar (a todo e a todos), de aportar ideas para mellorar o mundo... Pero sobre todo, de poñerlle boa cara ao mal tempo.

Gracias por cada un dos momentos compartidos. Gracias por ensinarme tantas cosas. Gracias por rir, por chorar, por sorprendervos, por falar dos vosos medos... conmigo, con todos.

A vosa profe, que vos quere moito.

Irene


miércoles, 21 de junio de 2017

TRABALLOS FINAIS DO TERCEIRO TRIMESTRE

Os alumnos de 4º tiñan como tafera deste trimestre grabar un vídeo sobre unha época histórica. Cada un dos grupo, pois o traballo era en equipo, elixiu un momento da historia e comezou a traballar nel: Prehistoria, Antigo Exipto e Imperio Romano.


O primeiro paso foi buscar información sobre o tema. Para iso, consultaron o catálogo da biblioteca e seleccionaron os fondos que lles pareceron pertinentes (despois de consultar índices e sumarios).



Logo de ler bastante, e coa axuda da profe, estableceron un pequeno índice dos apartados do seu traballo (aqueles dos que ían falar no vídeo) e comezaron a elaborar a información (ler, resumir, esquematizar...) e a buscar as imaxes que precisaban para acompañar a información oral.


Finalmente, e unha vez revisados os traballos pola profe, tocou ensaiar a expresión oral e gravar o vídeo eles mesmos. A profe axudou coa montaxe final...

A verdade que este é un traballo con que melloran todas as súas competencias, pois poñen en marcha habilidades e recursos que precisan para resolver en común os problemas que van xurdindo.

Aquí vos deixamos os vídeos finais. Xa imaxinades canto traballo levan detrás!


A PREHISTORIA



O ANTIGO EXIPTO




O IMPERIO ROMANO


domingo, 28 de mayo de 2017

"IMAXINAR A EDUCACIÓN"


       O pasado xoves, día 25 de maio,  visitamos a exposición  " Imaxinar a educación. 50 anos con Frato" no Pazo da cultura de Pontevedra.

       Francesco Tonucci é un investigador e pedagogo italiano que realiza debuxos con humor e imaxinación e emprega o pseudónimo de "Frato".

       As súas viñetas reflicten, sempre desde a perspectiva das nenas e dos nenos, os erros e as contradicións da educación nas sociedades urbanas e desenvolvidas.

       A exposición é unha oportunidade para mostrar a intelixencia e creatividade da infancia, a súa capacidade para aprender e construír.
       
       Iniciamos a visita observando as viñetas de Frato. Algunhas eran orixinais e estaban escritas en italiano.
       A seguir, vimos  debuxos do autor, obxectos e instrumentos de traballo, vídeos, fotos, letras, etc

       Unha das paredes estaba chea de fotografías de mans. Trátase dunha homenaxe " Cen mans, cen liguaxes" e a monitora falounos das" mans da experiencia". Parecían as máns dos avós e das avoas.
   
       Había talleres onde construímos, exploramos e xogamos. E, para rematar, estivemos no espazo de reflexión, debate, participación ...
       Merendamos no exterior. Gustounos moito!

Visita ao Pazo de Cultura en Pontevedra


       

viernes, 19 de mayo de 2017

BAILANDO CON LUCES

Este foi o título do espectáculo de baile ofrecido polo grupo de alumnos de 4º durante o Festival das Letras Galegas deste curso, adicado a Carlos Casares.

Todos eles puxeron moito da súa parte para que saíra o mellor posible. Elixiron as músicas, ensaiaron as coreografías, prepararon o necesario para crear os efectos de luz e, o máis importante, traballaron en grupo.

A pesar das dificultades de útlima hora, todo saíu a pedir de boca, porque cando se traballa xuntos... o resultado sempre é mellor!

Aquí vos deixamos, en primicia, o vídeo da actuación. Agardamos os guste tto coma a nós!

OBRADOIROS CON TABLES NO 2º CICLO

Os alumnos de 3º e 4º estiveron esta semana do libro realizando actividades de animación á lectura co a axuda das tablets emprestadas polo CEFORE de Vigo.

Os pequenos, creando contos coas App Creatales. Primeiro fixeron o guión doscontos (canta orixinalidade!) para logo levalos á linguaxe audiovisual elixindo os escenarios, caracterizando ás personaxes, escribirndo os textos...






Houbo espazo para piratas, fadas, dragóns, sereas...




Os maiores, os de 4º, traballaron na elaboración de carteis para promocionar as lecturas que máis lles gustaron este curso, e os resultados foron espectaculares!

As aplicacións usadas foron PicsArt, moi sinxela e intuitiva, e iMovie, con plantillas diferentes para realizar booktrailers segundo o xénero do libro. Aquí vos deixamos algunhas das recomendacións:

El viaje, de Francesca Sanna



Aventuras de "La mano negra", de Hans Jurgen Press








martes, 4 de abril de 2017

AXUDANDO AOS PEQUES A MELLORAR O SEU PARQUE

Encántanos pasar tempo cos nosos afillados e cos pequenos do cole en xeral. Seguro que xa o sabíades!

Eles están inmersos nun proxecto para mellorar o seu patio de xogos (pois está bastante velliño) e pedíronnos axuda para facer unhas actividades este luns... Nós encantados!

Dividíronse en catro grupos e foron rotando por catro obradoiros. 

No obradoiro de móbiles eles pintaron madeiras de deriva e nós, cunha corda e unhas boliñas de madeira, démoslle forma de móbil para colgar nas árbores.
Como estes móbiles trataban de estimular o oído, pois engadímoslle elementos sonoros (tubos, cascabeis...). Quedaron así de bonitos!


No obradoiro de circuitos tiñamos que axudarlles a deseñar pistas de atletismo (mesmo con obstáculos), circuitos para coches e circuitos para rodas. Teñen tanta imaxinación! Hay STOP, rotondas, aparcadoiros...


Tamén fixeron dous obradoiros eles soíños, un para pintar pedras e cunchas que van esconder como tesouros e outro para facer figuriñas de arcilla que colgar máis tarde dos móbiles.

Aquí vos deixamos un resumo de fotos para que vexades a actividade completa. Pasámolo ben, traballamos codo con codo todo xuntos, botamos a andar a creatividade e gozamos dun día de sol estupendo!


COMO EXTRAER UNHA MOSTRA DE ADN DOS AMORODOS


Nico tiña ganas de aprendernos un experimento que fixo coa súa irmá Belén na casa. Trátase de extraer o ADN dos amorodos dun xeito moi sinxelo.

El preparou todo o necesario e escribiu os pasos do mesmo, así que fomos á cociña e puxémonos mans á obra!

Non é nada difícil, así que lede ben se o queredes facer na casa. 



Preparade un amorodo, auga, sal, lavavaixelas, unha bolsa hermética, un filtro de café, alcol de 96º e un pao de pincho moruno.




Tedes que botar nun vaso 100 ml de auga e disolver unha culler pequena de sal. Logo, disolver tamén media culler pequena de lavavaixelas.


Tedes o  que machucar o amorodo dentro da bolsa hermética ata que sexa líquido, engadir un pouquiño da mestura do vaso e mesturar durante 5 minutos.


Finalmente, tedes que filtrar o preparado cun filtro de café, engadir un pouquiño de alcol e agardar a que o ADN se separe en forma de tea branca no medio da mestura.
Sácase co pao de pincho moruno e moito coidado.

GRAZAS NICO POR COMPARTIR ESTE EXPERIMENTO CON NÓS!

SEGURIDADE VIAL (SEGUNDA PARTE)

A semana pasada tivemos a sesión teórica e esta semana tocounos a práctica. Que divertido!

A Policía local de Gondomar e voluntarios de Protección Civil montaron "unha cidade" no campo de fútbol, co obxectivo de levar a práctica os contidos de seguridade vial traballados: sinais de tráfico, preferencias na circulación, sinalización de maniobras, circulación nas glorietas...

A cidade simulada estaba moi lograda: glorietas, semáforos, sinais, pasos de peóns...

Fixemos dous grupos. Primero uns circulaban en bicicleta pola estrada e outros facían de peóns pola beirarrúa, e logo intercambiamos os papeis.

Sempre ten preferencia a orde do policía, mesmo se
o semáforo ou as simais indican outra cousa.

Foi moi divertido e moi productivo, pois grazas a esta actividade démonos conta dos erros que cometemos cando transitamos as rúas ou as estradas, e tamén fomos conscientes da importancia de respectar o código de circulación para velar pola seguridade de todos.

Aquí tedes un pequeno vídeo coas fotos de todos os alumnos de 3º a 6º.


Pasámolo xenial!

lunes, 3 de abril de 2017

FILLOAS CON NATA E CHOCOLATE

Como facer unhas filloas especiais ?

   É moi doado, só temos que mesturar leite, ovos, fariña, sal, azucre e manteiga. Unha vez que teñamos a masa sen grumos fritimos pequenas cantidades do amoado  nunha tixola ou nun filloeiro.    Intentaremos que os doces queden finos e darémoslle a volta sen que rompan. Que complicado!

   A seguir, reenchemos cada filloa con nata e chocolate. Que apetitosas! 
   E,  para  rematar, invitamos aos afillados a degustación!

Receita de filloas especiais

   

viernes, 31 de marzo de 2017

BISCOITO DELICIOSO

Hoxe fixemos un biscoito na aula de cociña coa receita que trouxo Daniela (e que lle aprendeu a facer a súa irmá Mari). 

É moi sinxelo de facer. 

Só precisamos:

- 1 iogur natural
- 1/2 iogur de aceite
- 3 iogures de fariña
- 2 iogures de azucre
- 3 ou 4 ovos
- 1 sobre de levadura

Temos que botar todos os ingredientes nun bol, mesturalos coa batedora ata que non teñan grumos, untar o molde con margarina, botar a mestura no molde e metelo no forno ata que dore por enriba.

A verdade que é doado de facer, pero está boísimo!






Quedou riquísimo e chegounos para o recreo e para a merenda da tarde. Así da gusto!



jueves, 30 de marzo de 2017

XORNADA DE APROXIMACIÓN AO JUDO

   Este mércores, 29 de marzo, asistimos a unha Xornada de Judo no Pavillón de Gondomar.

   Realizamos xogos guiados, con xestos respectuosos de presentación e agradecemento.

   Os exercicios, sempre de colaboración e non de oposición, favoreceron a actividade cooperativa, a empatía e a socialización.


   Os especialistas na actividade, mestres e campións de Judo, explicáronnos como prever lesións, xa que se trata de transmitir un concepto novo de práctica deportiva baseado na loita, pero con fins unicamente deportivos e lúdicos.


Fixemos unha foto co  campión de Judo,  Miguel Romero Azpitarte



martes, 28 de marzo de 2017

BICICLETA, SEGURIDADE VIAL E MOITO MÁIS

Hoxe viñeron ao cole dous Policías locais de Gondomar, Cristina e Simón, para falarnos sobre as normas de seguridade e de circulación cando montamos en bicicleta (porque aquí nos gusta moito facelo e se nos dá moi ben!).

O primeiro que aprendemos foi a colocar o sillín a altura adecuada para cada un. Ninguén sabía a fórmula, pero todos a aprendimos e a puxemos en práctica na clase:

Altura do sillín (cm) = Altura da entreperna (cm) x 0,88


Despois, explicáronnos con exemplos moi prácticos a importancia de ser visibles para o resto de vehículos e de levar todos os elementos de seguridade para estar protexidos en caso de accidente.



Tamén aclararon as nosas dúbidas sobre o tema, que foron moitas: O chaleco tameń hai que poñelo se montamos a cabalo? Podemos levar a alguén sentado no sillín da nosa bici? Temos que levar casco sempre?


Para rematar, explicáronnos como indicar as nosas maniobras en cidade ou carretera e as prioridades de paso entre peóns, bicis e o resto dos vehículos. Cantas cousiñas aprendemos!

As profes aproveitaron a ocasión para ensinarnos a entender unha denuncia de tráfico. Quedounos tan claro que ao día seguinte decidimos multar aos profes do cole por distintas infraccións de tráfico (ficticias, claro!).





Menudo susto levaron algún ao rematar as clases e ver a multa no parabrisas!  ;)

jueves, 23 de marzo de 2017

COMPARTINDO PROXECTO COS AFILLADOS

O pasado xoves tivemos uns agasallos moi especiais. 

As nosas madriñas e padriños lectores estiveron investigando e aprendendo sobre mecanismos de robótica e creárononos uns xoguetes hidráulicos fantásticos para aportarnos axuda no noso proxecto de robots. 

É incrible o agarimo e a dedicación que puxeron na fabricación dos mesmos. 

Quedamos encantados co agasallo, mirade que fabuloso traballo fixeron... sodes xeniais! graciñas!


lunes, 20 de marzo de 2017

TRABALLANDO COA FORZA HIDRÁULICA

Hai un tempo, o pai de Xonxa (unha das nosas afilladas lectoras de 4 anos), trouxo ao cole un brazo mecánico que se movía grazas á forza hidraúlica. Quedamos abraiados!

Cartón, depresores, xiringas e tubos de acuario... parece incríble!

Puidemos comprobar que ten forza para coller un rolo de papel e cambialo de sitio.

Entrounos unha gran curiosidade por ver como actuaba esta forza e probamos nós a facer algún aparello que funcionase con ela. 

Primeiro, tentamos tocar un xilófono e non o conseguimos; despois pensamos en aparellos máis sinxelos e saíron moi boas ideas: 

- Un gato hidráulico para elevar vehículos

Gato hidráulico para elevar vehículos

- Unha ponte levadiza 

Ponte levadiza para cruzar o río e deixar pasar aos barcos

Levamos as nosas ideas do papel á realidade coa axuda da profe e moito traballo. Precisamos cartóns, xiringas, tubo de acuario, colorante alimentario (para ver mellor o movemento da auga), silicona, témperas...

Quedáronnos moi ben. Agora imos agasallar aos nosos afillados con estes xoguetes para que eles mesmos comproben como funciona a forza hidráulica.

domingo, 19 de marzo de 2017

PLANTANDO HORTALIZAS

   
   "ESTA SEMANA TRABALLAMOS NA HORTA"

   Buscamos información sobre algunhas das plantas que podiamos cultivar.
   Tamén procuramos algúns consellos para que a tarefa tivera éxito: momento de sementar ou plantar, distancia mínima entre cada hortaliza, auga que necesita cada planta, orientación, coidados ... e aprendemos que as sementes das cenorias presisan moita humidade para xerminar. Así que as puxemos entre follas molladas un día antes de sementalas.  Como incharon! Xa non eran tan pequenas!
   Estivemos a ver que partes de cada hortaliza eran comestibles e decidimos plantar cenorias, tomates, pementos, porros, brócoli e leitugas.

   Xa sabemos que das cenorias podemos comer a raíz, dos porros o talo e as follas, das leitugas as follas, do brócoli as flores e dos tomates e pementos a froita.
 Só nos faltaban as sementes! E sabedes que imos plantar?  Xirasoles!

   E para rematar, regamos os maceteiros da entrada e retiramos algunhas herbas,

Que dura é a vida do agricultor!




sábado, 4 de marzo de 2017

PIZZA MATEMÁTICA

Parece que a cociña dá moito xogo!

Coa elaboración dunha simple pizza se pode traballar tanto: as unidades de peso e capacidade, as fraccións, as operacións matemáticas básicas, o razoamento lóxico, o traballo colaborativo, a autonomía, a reciclaxe... 

Para comezar, fixemos a masa, seguindo autónomamente as instrucción dadas, que eran as segunites:


Despois, calculamos o peso e as cantidades que cada un podía empregar para a súa pizza por medio de fraccións, segundo o modelo dado pola profe:



Finalmente, puxemos os ingredientes na pizza, horneamos e... a comer!


miércoles, 15 de febrero de 2017

DÍA INTERNACIONAL DE LA RADIO

El 13 de febrero se celebra el Día Internacional de la Radio. Los alumnos y la profe de 4º prepararon un programa radiofónico para despertar muy especial, con todo tipo de secciones: música, humor, concursos, curiosidades, entrevistas...

Como bien os daréis cuenta al escucharlo, está grabado en directo y cada sección cuenta con su propia cabecera musical. Seguro que reconocéis a los presentadores... Dadle al Play y veréis qué bien lo hacen!

domingo, 12 de febrero de 2017

VACÍO

  
  Traballando as emocións

   Estivemos a traballar as emocións co libro "Vacío" de Anna Llenas.
   
     Unha historia onde a protagonista, unha nena feliz, empezou a sentir un baleiro na súa vida ao sofrer unha inesperada perda.

     O que estaba a ser unha vida apracíbel, chea de ledicia, viuse truncada por unha sensación de vacío, tristura, un burato no peito ...

     Pois ben, fomos na procura dos motivos que podía ter unha nena para se sentir así. E, pensamos que podería ser a perda dun xoguete moi prezado, a despedida dun amigo ou dunha amiga, a enfermidade dos avós ... homiños e mulleriñas grises que lle furtaban o tempo de lecer ...

     E, ocorréusenos unha solución: trocar o baleiro que estaba a sentir por corazóns cheos de ideas para non volver ter "sensación de vacío".


" A protagonista descobre que a solución está no interior "


lunes, 30 de enero de 2017

PEQUENOS PERO IMPORTANTES GESTOS POLA PAZ

Hoxe conmemórase o Día escolar da non violencia e a Paz.
Para traballar sobre este tema, fixemos un pequeno traballo na aula a partir dun libro marabilloso titulado Pequeños grandes gestos contra la discriminación, de Francisco Llorca y Eugenia Ábalos.

Puxémonos por parellas para repartirnos entre todos a estas persoas que, con pequenos xestos, promoveron grandes cambios na nosa sociedade en favor da igualdade de dereitos: Concepción Areal, Malala Yousafzai, Las patronas, María Teresa Flores Sosa, Kirk Douglas...

Sabíades por exemplo que Firas Maraghy, no ano 2010 en Berlín, fora privado de ir coa súa familia a Israel e conseguiu permiso sentándose fronte a unha embaxada?

Aquí vos deixamos algunhas desas historias que amosan a capacidade que temos as persoas de loitar pacíficamente por unha sociedade máis xusta.









O noso pequeno pero importante xesto neste día foi compartir cos máis desfavorecidos neste momento os nosoS xoguetes, para que ningún neno próximo a nós quede sen xogar na súa infancia.

GRACIAS a todas as familias pola súa solidariedade. SODES ESTUPENDOS!