martes, 4 de abril de 2017

COMO EXTRAER UNHA MOSTRA DE ADN DOS AMORODOS


Nico tiña ganas de aprendernos un experimento que fixo coa súa irmá Belén na casa. Trátase de extraer o ADN dos amorodos dun xeito moi sinxelo.

El preparou todo o necesario e escribiu os pasos do mesmo, así que fomos á cociña e puxémonos mans á obra!

Non é nada difícil, así que lede ben se o queredes facer na casa. 



Preparade un amorodo, auga, sal, lavavaixelas, unha bolsa hermética, un filtro de café, alcol de 96º e un pao de pincho moruno.




Tedes que botar nun vaso 100 ml de auga e disolver unha culler pequena de sal. Logo, disolver tamén media culler pequena de lavavaixelas.


Tedes o  que machucar o amorodo dentro da bolsa hermética ata que sexa líquido, engadir un pouquiño da mestura do vaso e mesturar durante 5 minutos.


Finalmente, tedes que filtrar o preparado cun filtro de café, engadir un pouquiño de alcol e agardar a que o ADN se separe en forma de tea branca no medio da mestura.
Sácase co pao de pincho moruno e moito coidado.

GRAZAS NICO POR COMPARTIR ESTE EXPERIMENTO CON NÓS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario