lunes, 30 de enero de 2017

PEQUENOS PERO IMPORTANTES GESTOS POLA PAZ

Hoxe conmemórase o Día escolar da non violencia e a Paz.
Para traballar sobre este tema, fixemos un pequeno traballo na aula a partir dun libro marabilloso titulado Pequeños grandes gestos contra la discriminación, de Francisco Llorca y Eugenia Ábalos.

Puxémonos por parellas para repartirnos entre todos a estas persoas que, con pequenos xestos, promoveron grandes cambios na nosa sociedade en favor da igualdade de dereitos: Concepción Areal, Malala Yousafzai, Las patronas, María Teresa Flores Sosa, Kirk Douglas...

Sabíades por exemplo que Firas Maraghy, no ano 2010 en Berlín, fora privado de ir coa súa familia a Israel e conseguiu permiso sentándose fronte a unha embaxada?

Aquí vos deixamos algunhas desas historias que amosan a capacidade que temos as persoas de loitar pacíficamente por unha sociedade máis xusta.









O noso pequeno pero importante xesto neste día foi compartir cos máis desfavorecidos neste momento os nosoS xoguetes, para que ningún neno próximo a nós quede sen xogar na súa infancia.

GRACIAS a todas as familias pola súa solidariedade. SODES ESTUPENDOS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario