Mostrando entradas con la etiqueta Robótica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Robótica. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de marzo de 2017

COMPARTINDO PROXECTO COS AFILLADOS

O pasado xoves tivemos uns agasallos moi especiais. 

As nosas madriñas e padriños lectores estiveron investigando e aprendendo sobre mecanismos de robótica e creárononos uns xoguetes hidráulicos fantásticos para aportarnos axuda no noso proxecto de robots. 

É incrible o agarimo e a dedicación que puxeron na fabricación dos mesmos. 

Quedamos encantados co agasallo, mirade que fabuloso traballo fixeron... sodes xeniais! graciñas!


lunes, 20 de marzo de 2017

TRABALLANDO COA FORZA HIDRÁULICA

Hai un tempo, o pai de Xonxa (unha das nosas afilladas lectoras de 4 anos), trouxo ao cole un brazo mecánico que se movía grazas á forza hidraúlica. Quedamos abraiados!

Cartón, depresores, xiringas e tubos de acuario... parece incríble!

Puidemos comprobar que ten forza para coller un rolo de papel e cambialo de sitio.

Entrounos unha gran curiosidade por ver como actuaba esta forza e probamos nós a facer algún aparello que funcionase con ela. 

Primeiro, tentamos tocar un xilófono e non o conseguimos; despois pensamos en aparellos máis sinxelos e saíron moi boas ideas: 

- Un gato hidráulico para elevar vehículos

Gato hidráulico para elevar vehículos

- Unha ponte levadiza 

Ponte levadiza para cruzar o río e deixar pasar aos barcos

Levamos as nosas ideas do papel á realidade coa axuda da profe e moito traballo. Precisamos cartóns, xiringas, tubo de acuario, colorante alimentario (para ver mellor o movemento da auga), silicona, témperas...

Quedáronnos moi ben. Agora imos agasallar aos nosos afillados con estes xoguetes para que eles mesmos comproben como funciona a forza hidráulica.

viernes, 27 de enero de 2017

ESCORNABOTS NA AULA

Traballamos a clasificación dos animais e as distintas formas de relevo coa axuda duns aparellos moi interesantes, os escornabots!
   
Estes pequenos utensilios fixeron máis interesante o estudo, representación e afianzamento dos conceptos básicos que estamos a traballar. Tivemos que programar os movementos que deberían facer para  chegaren ao lugar correcto. Que responsabilidade! 

Clasificamos os animais coa axuda dun escornabot!



miércoles, 5 de octubre de 2016

MONTANDO UN PEQUENO ROBOT

As clases son do máis divertido! Os venres, na hora de robótica, estamos a montar por equipos un Escornabot, é dicir, un pequeno robot programable co que imos traballar ao longo do curso.

Parece doado, pero temos que pensar moito como colocar cada peza e superar os problemas que surden durante a montaxe... sen discutir!

Levamos xa tres sesión e imos moi avanzados: fixemos o inventario de pezas, numerámolas para facilitar a montaxe, comezamos a ensamblar as pezas con parafusos, anotamos os problemas que surden...

Dentro de pouco veremos se funciona e aprenderemos a manexalo. Que emoción!