martes, 4 de abril de 2017

AXUDANDO AOS PEQUES A MELLORAR O SEU PARQUE

Encántanos pasar tempo cos nosos afillados e cos pequenos do cole en xeral. Seguro que xa o sabíades!

Eles están inmersos nun proxecto para mellorar o seu patio de xogos (pois está bastante velliño) e pedíronnos axuda para facer unhas actividades este luns... Nós encantados!

Dividíronse en catro grupos e foron rotando por catro obradoiros

No obradoiro de móbiles eles pintaron madeiras de deriva e nós, cunha corda e unhas boliñas de madeira, démoslle forma de móbil para colgar nas árbores.
Como estes móbiles trataban de estimular o oído, pois engadímoslle elementos sonoros (tubos, cascabeis...). Quedaron así de bonitos!


No obradoiro de circuitos tiñamos que axudarlles a deseñar pistas de atletismo (mesmo con obstáculos), circuitos para coches e circuitos para rodas. Teñen tanta imaxinación! Hay STOP, rotondas, aparcadoiros...


Tamén fixeron dous obradoiros eles soíños, un para pintar pedras e cunchas que van esconder como tesouros e outro para facer figuriñas de arcilla que colgar máis tarde dos móbiles.

Aquí vos deixamos un resumo de fotos para que vexades a actividade completa. Pasámolo ben, traballamos codo con codo todo xuntos, botamos a andar a creatividade e gozamos dun día de sol estupendo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario