Librincios enviounos unha carta solicitando axuda xa que os ordenadores de bordo da nave estaban a fallar.
Iremos c@s afillad@s a tratar de solucionar o problema. Seremos quen de descifrar un misterioso código?
Librincios enviounos unha carta solicitando axuda xa que os ordenadores de bordo da nave estaban a fallar.
Iremos c@s afillad@s a tratar de solucionar o problema. Seremos quen de descifrar un misterioso código?
Hoxe, no campo das Cercas de Gondomar, o alumnado de cuarto curso dos centro do Val Miñor teñen unha xuntaza moi importante. Será unha xornada de xogos populares: buxainas, zancos, lombas, carreira de sacos ...
Temos que agradecer a "Agua Sana" e o obrador "TUPANA" que doaron auga e rosquillas respectivamente.
O venres visitamos a exposición que realizou o alumnado de infantil sobre "Mulleres Olímpicas", participamos en todas as estacións que nos amosaron e finalmente fixemos galletas coa masa que xa nos deixaron preparada, con fariña normal, sen glute ou sen lactosa.
As profes encargáronse de enfornar e cando estiveron listas degustámolas. Que ricas!!!
O 28 de febreiro celébrase o Día Mundial das Enfermidades Raras. A este grupo pertence a HSC, hiperplasia suprerrenal conxénita, un trastorno metabólico, herdado e permanente que orixina a deficiencia de produción de hormonas nas glándulas suprarrenais.
Iria, a nosa compañeira, é unha campioa en responsabilidade á hora de tomar a medicación e de facer que a súa enfermidade inflúa o menos posible o día a día na escola.
Ánimo Iria, eres unha litadora!
Estivemos a traballar sobre as rochas e os minerais: os tipos de rochas, a súa orixe e formación, os volcáns, as diferentes formacións magmáticas, as rochas que teñen magnetita, as cores dos minerais, a escala de Mohs para coñecer a dureza ...
Despois de moito esforzo e traballo decidimos organizar unha exposición e invitar ao alumnado do cole. Que nervios! Tivemos que explicar as características de moitas rochas e as curiosidades dalgunhas delas.
"OS ANIMAIS DO COMPOSTEIRO ESTÁN PREOCUPADOS!"
O alumnado de 4ºEP creou esta animación a partir da adaptación do conto de Mª del Rosario Pita, "Quen pode vencer o vento?"
Deixámola aquí para que a poidades desfrutar!
Hoxe o alumnado de 4º curso do Val Miñor tivemos unha xornada escolar de xogos populares no complexo deportivo de As Cercas en Gondomar.
A semana pasada invitamos aos compañeiros de ciclo e as aulas de infantil a visitar a exposición de minerais que temos no corredor e na aula de 4º de primaria.
Amosamos as rochas magmáticas, as sedimentarias e as metamórficas que temos na clase. Tamén ensinamos algúns minerais e as características principais dalgunhas rochas. Experimentamos coa pumita que flota na auga, a magnetita que é atraída por un imán, as rosas do deserto que se forman a partir de cristais de xeso e grans de area, raiamos o talco coa unlla, etc.
Neste Nadal padriños e madriñas lectores escribimos as cartas aos Reis Magos de Oriente cos afillad@s, escritos de desexos e gañas de gozar destes días tan especiais.
O xoves traballamos con froitas do outono, nomeamos moitas delas, escribimos o seu nome, degustamos granadas e chirimoias e manipulamos froitas secas. Amosámoslle aos afillados e as afilladas as imaxes de moitas das froitas desta época do ano e, por último, decoramos follas de Outono cos nomes e cos debuxos que fixeron os peques.
Estivemos a facer madalenas con masa de biscoito. Primeiro preparamos unha masa semellante á do biscoito. A seguir botamos a mestura en moldes de papel. Despois cocemos no forno eses pequenos doces e por último decoramos cada madalena con lambonadas monstruosas.
O máis importante de todo é que convidamos aos afillados e ás afilladas con este doce tan especial.
Mañá iremos ao Monte Galiñeiro e queremos que sexa unha xornada de festa, camiñada, merenda, cabanas, risas, esforzos ... Pero non imos esquecer que o noso compañeiro Simón e o profe Kiko van iniciar o curso noutro cole, noutro lugar e con nov@s compañeir@s. Imos desexarlle moita sorte e que nos visiten de vez en cando. Ánimo!
Estivemos a ver os ósos do corpo humano e Jorge trouxo ao cole ósos reais, auténticos, para amosar aos compañeiros.
Comprobamos como encaixaban unhas pezas nas outras, a cor que teñen co paso do tempo, os buratiños das arterias ...
Agadecemos a nai de Jorge que comparta connosco estes tesouriños tan valiosos!
O pasado xoves e venres celebrouse en Sevilla o Campionato Nacional Base de Ximnasia Acrobática. O Gondomar Acro Club participou con catorce ximnastas e a parella alevín base obtivo o ouro, proclamándose campioas de España.
Estivemos a facer unha máquina simple con materiais de refugallo: construímos unha polea.
Tamén montamos, seguindo as intrucións, as pezas dun robot e fomos quen de deixalo funcionando!
Estades invitados ao Gran espectáculo de maxia do alumnado de 4º de Primaria!
Gran SHOW apto para todas as idades, de balde e con moita calidade!!!
Imos visualizar a montaxe dunha das tarefas realizadas este trimestre sobre Pequenos Grandes Proxectos, esperemos que vos resulte interesante e gocedes das imaxes e da información.
Estivemos a traballar a Prehistoria: buscamos e ordenamos a información e os acontecementos, realizamos un taller de creación e representamos esa etapa tan importante na historia da humanidade.