jueves, 25 de junio de 2026

EXCURSIÓN AO PARQUE " A CANUDA"

     Para rematar o curso fixemos unha excursión ao parque " A Canuda" en Salvaterra. Viaxamos en catro autobuses e compartirmos xogos todo o alumnado do centro. Pasámolo moi ben!


  

  

E por fin mercamos e degustamos xeados!!!




Bailamos ao ritmo da música!!!

Feliz Verán!!!

  


martes, 16 de junio de 2026

EXCURSIÓN AO CASTRO DE SANTA TREGA

     Este martes visitamos o Castro de Santa Trega que se atopa na Guarda. Viaxamos en autobús ata o Monte e ao chegar ao Castro estaba esperando por nós un guía para explicarnos a vida dos castrexos, a organización das construcións, os costumes daquela época, os produtos que sacaban da terra, do mar, do río ... 

    Entramos nunha das vivendas reconstruídas e intentamos imaxinar como era a vida naqueles poboados fortificados.

Participamos activamente con preguntas moi interesantes!

@s arqueólog@s atoparon o lugar onde había restos de cereais,
 cunchas de moluscos, espiñas de peixes, ósos de animais ...



No museo puidemos ver muíños de man, 
recipientes de cerámica, adornos, 
pezas metálicas, xoias ...



lunes, 15 de junio de 2026

CIRCUITOS ELÉCTRICOS

     Estivemos a montar circuitos de corriente eléctrica con bombillas, motor con hélices, interruptores e baterías.

    Empregamos ferramentas e conseguimos que funcionase perfectamente!



Parece máxico!

jueves, 11 de junio de 2026

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

  O día 5 de xuño é unha data especial, celebramos o Día do Medio Ambiente!

   Xunto aos nos@s afillad@s plantamos unhas árbores pequenas nunhas macetas e decoramos un pouquiño a entrada do cole. Gústanos moito como quedou!




Feliz Día do Medio Ambiente!

O QUE SE PODE FACER CON FOLLATOS DE MILLO!

     A visita de Esther resultou moi interesante. Amosounos distintos tipos de grans e ao mesmo tempo de cores de follatos. Ela é unha gran artesá e fai sombreiros, cestos, bases ....

    A actividade realizouse conxuntamente cos nosos afillados e algúns puidemos aproveitar para realizar algún trenzado, non deu tempo a tod@s!



Grazas Esther por toda a información!