"ESTA SEMANA TRABALLAMOS NA HORTA"
Buscamos información sobre algunhas das plantas que podiamos cultivar.
Tamén procuramos algúns consellos para que a tarefa tivera éxito: momento de sementar ou plantar, distancia mínima entre cada hortaliza, auga que necesita cada planta, orientación, coidados ... e aprendemos que as sementes das cenorias presisan moita humidade para xerminar. Así que as puxemos entre follas molladas un día antes de sementalas. Como incharon! Xa non eran tan pequenas!
Estivemos a ver que partes de cada hortaliza eran comestibles e decidimos plantar cenorias, tomates, pementos, porros, brócoli e leitugas.
Xa sabemos que das cenorias podemos comer a raíz, dos porros o talo e as follas, das leitugas as follas, do brócoli as flores e dos tomates e pementos a froita.
Só nos faltaban as sementes! E sabedes que imos plantar? Xirasoles!
E para rematar, regamos os maceteiros da entrada e retiramos algunhas herbas,
Que dura é a vida do agricultor!

No hay comentarios:
Publicar un comentario