Traballando as emocións
Estivemos a traballar as emocións co libro "Vacío" de Anna Llenas.
Unha historia onde a protagonista, unha nena feliz, empezou a sentir un baleiro na súa vida ao sofrer unha inesperada perda.
O que estaba a ser unha vida apracíbel, chea de ledicia, viuse truncada por unha sensación de vacío, tristura, un burato no peito ...
Pois ben, fomos na procura dos motivos que podía ter unha nena para se sentir así. E, pensamos que podería ser a perda dun xoguete moi prezado, a despedida dun amigo ou dunha amiga, a enfermidade dos avós ... homiños e mulleriñas grises que lle furtaban o tempo de lecer ...
E, ocorréusenos unha solución: trocar o baleiro que estaba a sentir por corazóns cheos de ideas para non volver ter "sensación de vacío".
" A protagonista descobre que a solución está no interior "
No hay comentarios:
Publicar un comentario