sábado, 4 de marzo de 2017

PIZZA MATEMÁTICA

Parece que a cociña dá moito xogo!

Coa elaboración dunha simple pizza se pode traballar tanto: as unidades de peso e capacidade, as fraccións, as operacións matemáticas básicas, o razoamento lóxico, o traballo colaborativo, a autonomía, a reciclaxe... 

Para comezar, fixemos a masa, seguindo autónomamente as instrucción dadas, que eran as segunites:


Despois, calculamos o peso e as cantidades que cada un podía empregar para a súa pizza por medio de fraccións, segundo o modelo dado pola profe:



Finalmente, puxemos os ingredientes na pizza, horneamos e... a comer!


No hay comentarios:

Publicar un comentario