Estivemos a montar circuitos de corriente eléctrica con bombillas, motor con hélices, interruptores e baterías.
Empregamos ferramentas e conseguimos que funcionase perfectamente!
Estivemos a montar circuitos de corriente eléctrica con bombillas, motor con hélices, interruptores e baterías.
Empregamos ferramentas e conseguimos que funcionase perfectamente!
A visita de Esther resultou moi interesante. Amosounos distintos tipos de grans e ao mesmo tempo de cores de follatos. Ela é unha gran artesá e fai sombreiros, cestos, bases ....
A actividade realizouse conxuntamente cos nosos afillados e algúns puidemos aproveitar para realizar algún trenzado, non deu tempo a tod@s!
Emisión radiofónica do poema creado para @s afillad@s lectores de tres anos!
Estivemos experimentando coas herbas aromáticas que temos no caracol da horta: menta, fiuncho, tomiño, ourego, lavanda ... unha mestura de perfumes agradables que empregamos para engadir aos xabóns.
Clasificamos as herbas e buscamos os nomes en galego e en castelán, algunhas xa eran coñecidas pero outras tivemos que escribir os nomes.
Hoxe a nosa aula cheiraba a herbas do campo, que olor máis agradable!!!
Aromas da horta!!!
Este luns emitimos uns fermosos poemas dende a radio do cole para tod@s @s compañeir@s. Estivemos a traballar o Herbario de Rosalía de Castro, recitamos versos da súa obra e creamos un poema para @s afillad@s lectores. Que emocionante!!!
O xoves, día 19 de xuño, asistimos a unha exposición moi especial, a que realizaron @s compañeir@s de terceiro sobre o esforzo que realizan unhas mulleres extraordinarias para seguir practicando deporte e competindo nas olimpíadas.
A actividade non só consistiu na presentación desas excelentes deportistas, senón tamén dunha degustación de petiscos e empanada cociñada por eles.
Hoxe, o alumnado de 3º de primaria, plantamos dúas oliveiras no xardín. Esperamos que medren correctamente e algún día nos den sombra e aceitunas.
Este luns tivemos un almorzo saudable no cole. En compañía d@s nos@s afillad@s preparamos gofres, brochetas de plátano con amorodos e zume de laranxa. Que almorzo tan apetecible!
Tamén decoramos un mural sobre a primavera coa moita axuda d@s nos@s peques.
O Gondomar Acro Club desprazouse, en Semana Santa, a Morazarzal (Madrid) para competir con outros nove clubes de Valencia, Asturias, Madrid e Galicia.
Os resultados acadados foron excelentes e a nosa Paula recibiu unha merecida "Medalla de Prata".
A semana pasada estivemos traballando con rimas, versos e estrofas. Celebramos o Día da Poesía recitando a Rosalía de Castro e creamos versos inspirándonos nos afillad@s.
Este luns, no patio, recitamos as nosas creacións aos afillados e ás afilladas. Que actividade tan fermosa!
Encantáronnos os agasallos que recibimos dos nos@s afillad@s. Grazas por todo e biquiños!
O mércores visitounos Alba, unha consultora de In.xenia, e presentounos ao Súper Heroe Peixiño. Falounos da importancia de comer peixe, de distintos tipos de pesca: palangre, arrastre, cerco ... e da feira internacional do conxeado e produtos do mar "CONXEMAR".
Representamos varias técnicas de pesca, pintamos camisetas e falamos con Juan, o presidente de Opromar, a través de videoconferencia.
Alba agasallounos con pegatinas, unha máscara de Súper Peixiño, unha camiseta para decorar e os rotuladores de téxtil.
Só nos queda agradecer as atencións que tiveron con nós e dicirlles que vamos comer máis peixe!
Este martes, padriños lectores e afillados realizaron unha actividade conxunta: "Na procura dos ovos de Pascua". Os afillados tiñan que atopar, no patio, os ovos agochados polos padriños.
Nesta tarefa os padriños entregaron aos seus afillados un plano da zona onde se atopaban os tesouriños de chocolate. Fixérono moi ben!!!
Creamos agasallos para os nosos afillados lectores! Obsequios que elaboramos con ilusión para ver o sorriso na cariña deste agarimoso grupo de 3 anos. Desexámoslle un bo verán e esperamos que á volta poidamos abrazarnos!
Padriños e afillados lectores na procura dos ovos de chocolate!
Non era moi doado! Tiñan que seguir unhas instrucións e interpretar as indicacións dun plano realizado polos padriños para atopar, no patio de infantil, o tesouriño agochado.