miércoles, 21 de junio de 2017

TRABALLOS FINAIS DO TERCEIRO TRIMESTRE

Os alumnos de 4º tiñan como tafera deste trimestre grabar un vídeo sobre unha época histórica. Cada un dos grupo, pois o traballo era en equipo, elixiu un momento da historia e comezou a traballar nel: Prehistoria, Antigo Exipto e Imperio Romano.


O primeiro paso foi buscar información sobre o tema. Para iso, consultaron o catálogo da biblioteca e seleccionaron os fondos que lles pareceron pertinentes (despois de consultar índices e sumarios).



Logo de ler bastante, e coa axuda da profe, estableceron un pequeno índice dos apartados do seu traballo (aqueles dos que ían falar no vídeo) e comezaron a elaborar a información (ler, resumir, esquematizar...) e a buscar as imaxes que precisaban para acompañar a información oral.


Finalmente, e unha vez revisados os traballos pola profe, tocou ensaiar a expresión oral e gravar o vídeo eles mesmos. A profe axudou coa montaxe final...

A verdade que este é un traballo con que melloran todas as súas competencias, pois poñen en marcha habilidades e recursos que precisan para resolver en común os problemas que van xurdindo.

Aquí vos deixamos os vídeos finais. Xa imaxinades canto traballo levan detrás!


A PREHISTORIA



O ANTIGO EXIPTO




O IMPERIO ROMANO


No hay comentarios:

Publicar un comentario