viernes, 19 de mayo de 2017

BAILANDO CON LUCES

Este foi o título do espectáculo de baile ofrecido polo grupo de alumnos de 4º durante o Festival das Letras Galegas deste curso, adicado a Carlos Casares.

Todos eles puxeron moito da súa parte para que saíra o mellor posible. Elixiron as músicas, ensaiaron as coreografías, prepararon o necesario para crear os efectos de luz e, o máis importante, traballaron en grupo.

A pesar das dificultades de útlima hora, todo saíu a pedir de boca, porque cando se traballa xuntos... o resultado sempre é mellor!

Aquí vos deixamos, en primicia, o vídeo da actuación. Agardamos os guste tto coma a nós!

No hay comentarios:

Publicar un comentario