domingo, 28 de mayo de 2017

"IMAXINAR A EDUCACIÓN"


       O pasado xoves, día 25 de maio,  visitamos a exposición  " Imaxinar a educación. 50 anos con Frato" no Pazo da cultura de Pontevedra.

       Francesco Tonucci é un investigador e pedagogo italiano que realiza debuxos con humor e imaxinación e emprega o pseudónimo de "Frato".

       As súas viñetas reflicten, sempre desde a perspectiva das nenas e dos nenos, os erros e as contradicións da educación nas sociedades urbanas e desenvolvidas.

       A exposición é unha oportunidade para mostrar a intelixencia e creatividade da infancia, a súa capacidade para aprender e construír.
       
       Iniciamos a visita observando as viñetas de Frato. Algunhas eran orixinais e estaban escritas en italiano.
       A seguir, vimos  debuxos do autor, obxectos e instrumentos de traballo, vídeos, fotos, letras, etc

       Unha das paredes estaba chea de fotografías de mans. Trátase dunha homenaxe " Cen mans, cen liguaxes" e a monitora falounos das" mans da experiencia". Parecían as máns dos avós e das avoas.
   
       Había talleres onde construímos, exploramos e xogamos. E, para rematar, estivemos no espazo de reflexión, debate, participación ...
       Merendamos no exterior. Gustounos moito!

Visita ao Pazo de Cultura en Pontevedra


       

No hay comentarios:

Publicar un comentario