Mostrando entradas con la etiqueta Inventos e experimentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Inventos e experimentos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de enero de 2021

Experimentos

     " Cores que se moven"

Experimento realizado con leite grosa, colorante alimentario e xabón líquido.

Preme na inaxe para visualizar o experimento!

Por que se moven as cores cando engadimos o xabón líquido?


domingo, 11 de marzo de 2018

CIENCIA EN MOVEMENTO


     Baixo o lema "Prohibido non tocar", alumnos de 6º, 5º e 4º de primaria estaban invitados a unha aventura a través da Ciencia.

     Este museo científico, con máis de 50 obxectos, chegou ao Serra-Vincios co obxectivo de motivar a curiosidade e a imaxinación dos estudantes.
     Os monitores, licenciados en Enxeñería Industrial e Bioloxía, amosaron mediante experimentos algunhas das leis da física relacionadas co movemento dos corpos, a electricidade, os efectos ópticos, as propiedades dos líquidos e gases ...                     

                                                                      Que interesante!


"Prohibido non tocar"


jueves, 23 de noviembre de 2017

CIRCUITOS ELÉCTRICOS

Aquí tedes un vídeo para aprender a montar un circuito eléctrico básico. Ven explicado da man de Cienciabit: ciencia y tecnología.

Ide botándolle un vistazo porque temos que poñernos mans á obra para crear o noso xogo Letras brillantes.

miércoles, 22 de noviembre de 2017

APRENDENDO COAS ROCHAS E OS MINERAIS

A tarefa que nos tivo ocupados estes días estivo relacionada coas rochas e os minerais, pois o alumnado amosou moito interese por traballar esta materia.

A nosa primeira colección de rochas e minerais

Se alguén está interesado en realizar as actividades, podedes descargalas pinchando aquí.

As actividades propostas eran catro e, coa realización de toda elas, aumentamos os nosos conocimientos e tamén ás nosas competencias de busca, selección, elaboración e comunicación da información.


ACTIVIDAD 1: CLASIFICAR E IDENTIFICAR ROCHAS

Con esta actividade traballamos a orientación espacial nun mapa, a identifiacación de rochas por comparación e coa axuda dunha sinxela guía e a labor de clasificación (elaborando pequenas fichas das nosas piezas de colección).
Agora podemos continuar coa colección de xeito autónomo!


TAREFA 2: OS VOLCÁNS

Grazas a esta actividade traballamos todas as competencias que engloba a educación documental (buscar, seleccionar, localzar, comprender e reformular a información). 

Tiñamos que responder a unhas preguntas sobre os volcáns e as rochas volcánicas (coa información atopada na Biblioteca) e, para rematar, realizar un divertido experimento para simular unha erupción volcánica (que tiñamos que buscar no blogue e despois explicar aos nosos compañeiros).

Bibliografía empregada
Materiais para o experimento
Momento de traballo en equipo para levar a cabo a actividade

TAREFA 3: TIPOS DE ROCHAS E CÓDIGOS QR

Nesta actividade primeiro realizamos unha busca documental para coñecer a definición e os tipos de rochas e logo axudamos aos nosos compañeiros de 4º a completar o seu mural sobre as rochas e os minerais engadindo códigos QR ás pezas expostas.

Deste xeito, ampliamos a información e engadimos un elemento relacionado coas TIC para a busca de nova información.

Buscando información nos fondos da biblioteca e nos recursos do blogue

Códigos QR que completan o mural dos alumnos de 4º

TAREFA 4: EXPERIMENTANDO PARA APRENDER

Coa realización de tres experimentos (que tiñamos que buscar neste blogue) comprendemos mellor certos conceptos relacionados coa formación de rochas e minerais.

No primeiro deles aprendemos máis sobre xeodas e cristais de cuarzo, que recreamos coa axuda de borato de sodio.

Hai que cumprir todas as medidas de seguridade cando se trata de experimentar

Resultado do experimento

No segundo, visualizamos a formación de montañas e a creación de rochas metamórficas cando as placas tectónicas (feitas con plastilina) se moven sobre o manto terrestre.

No terceiro, empregamos a escala de Mohs para coñecer a dureza de distintos minerais e rochas: grafito, xeso, pizarra...

Materiais para a realización do experimento sobre a dureza dos minerais e as rochas


Para rematar a tarefa, como non podía ser doutro xeito, fixemos unha avaliación da mesma. Nós mesmo elaboramos un examen para os nosos compañeiros e, logo de realizalo, corrixímolo nós mesmo.

Logo, a profe pediunos que escribíramos unha valoración sobre as tarefas, sobre o seu traballo e sobre as nosas competencias (aprendizaxe, autonomía, traballo en grupo...).

martes, 4 de abril de 2017

COMO EXTRAER UNHA MOSTRA DE ADN DOS AMORODOS


Nico tiña ganas de aprendernos un experimento que fixo coa súa irmá Belén na casa. Trátase de extraer o ADN dos amorodos dun xeito moi sinxelo.

El preparou todo o necesario e escribiu os pasos do mesmo, así que fomos á cociña e puxémonos mans á obra!

Non é nada difícil, así que lede ben se o queredes facer na casa. 



Preparade un amorodo, auga, sal, lavavaixelas, unha bolsa hermética, un filtro de café, alcol de 96º e un pao de pincho moruno.




Tedes que botar nun vaso 100 ml de auga e disolver unha culler pequena de sal. Logo, disolver tamén media culler pequena de lavavaixelas.


Tedes o  que machucar o amorodo dentro da bolsa hermética ata que sexa líquido, engadir un pouquiño da mestura do vaso e mesturar durante 5 minutos.


Finalmente, tedes que filtrar o preparado cun filtro de café, engadir un pouquiño de alcol e agardar a que o ADN se separe en forma de tea branca no medio da mestura.
Sácase co pao de pincho moruno e moito coidado.

GRAZAS NICO POR COMPARTIR ESTE EXPERIMENTO CON NÓS!

lunes, 20 de marzo de 2017

TRABALLANDO COA FORZA HIDRÁULICA

Hai un tempo, o pai de Xonxa (unha das nosas afilladas lectoras de 4 anos), trouxo ao cole un brazo mecánico que se movía grazas á forza hidraúlica. Quedamos abraiados!

Cartón, depresores, xiringas e tubos de acuario... parece incríble!

Puidemos comprobar que ten forza para coller un rolo de papel e cambialo de sitio.

Entrounos unha gran curiosidade por ver como actuaba esta forza e probamos nós a facer algún aparello que funcionase con ela. 

Primeiro, tentamos tocar un xilófono e non o conseguimos; despois pensamos en aparellos máis sinxelos e saíron moi boas ideas: 

- Un gato hidráulico para elevar vehículos

Gato hidráulico para elevar vehículos

- Unha ponte levadiza 

Ponte levadiza para cruzar o río e deixar pasar aos barcos

Levamos as nosas ideas do papel á realidade coa axuda da profe e moito traballo. Precisamos cartóns, xiringas, tubo de acuario, colorante alimentario (para ver mellor o movemento da auga), silicona, témperas...

Quedáronnos moi ben. Agora imos agasallar aos nosos afillados con estes xoguetes para que eles mesmos comproben como funciona a forza hidráulica.

lunes, 13 de junio de 2016




Hoxe estivemos facendo un experimento cos nosos afillados. Foron eles quen nos invitaron esta vez e pasámolo en grande.
Veu Rigoberta, acompañada da súa amiga Rosalía, a explicarnos a través dun sinxelo experimento que as nosas mans poden estar cheas de microorganismos prexudiciais se non as lavamos.

O experimento chamábase Mans limpas, mans sucias. Cun pouquiño de auga, algar algar (que é o que comen os microorganismos), placas petri e as monsas mans... Quedamos pampos! Canta proquería temos nas mans! 

Agora temos en clase as placas para ir vendo cada día como medran os "bichinos"... que no microscopio parecen "bichotes".

martes, 31 de mayo de 2016

EXPERIMENTOS EN FAMILIA

   Seguimos a experimentar na casa e comprobamos a cantidade de procesos físicos e químicos que acontecen decotío no noso contorno.


   Silvia traballou co son e foi quen de conseguir reproducir o cacarexo dunha galiña empregando un vaso de plástico.

Grazas por compartir connosco a túa experiencia.

   Sira  experimentou cun globo, auga e unha candea. Aplicoulle calor ao globo pero este non estoupou.
Que interesante!

   Sara practicou a pesca de xeo na súa casa. Empregou un pouco de sal e puido atrapar anacos de xeo. A disolución do xeo grazas ao sal axudou no proceso.

Grazas por este traballo!

   Telmo experimentou cun ovo de galiña. Amosounos un xeito diferente de preparar  "ovo fritido".  Quen o diría! A simple vista semella estar frito! Pero non é así! A desnaturalización das proteínas da clara do ovo ocorre cando lle aplicamos calor ou certas susbtancias como o alcol.
Moitas grazas por compartir cos compañeiros esta actividade!




viernes, 22 de abril de 2016

Experimentando na casa

A auga que non cae

Seguimos cos experimentos en familia.

 Nesta ocasión Aarón amósanos unha actividade que parece un truco de maxia, pero non é así. E xa nos explicou que a carta empregada sofre unha forza, a presión atmosférica, maior ca forza que empuxa á auga do vaso. O exceso de presión aperta a carta contra os bordos do recipiente.



Inflar un globo

 Jony tratou de inflar un globo empregando as variacións de temperatura da auga.
Neste experimento inflaron e desinflaron un globo aproveitando a relación que hai entre o volume e a temperatura dos gases.

Ao realizar a proba comprobou que segundo se vai quentando a botella con auga, o globo vai aumentando o volume. E, cando diminúe a temperatura da auga o globo desinflase. Un exemplo deste funcionamento atópase nos globos aerostáticos que se elevan cando o aire do seu interior se quenta.


Moitas grazas familias!

martes, 23 de febrero de 2016

EXPERIMENTANDO CO pH

Hoxe fixemos un experimento moi divertido e interesante: averiguar o pH de productos que temos nos nosos fogares e que podemos utilizar como elementos dunha fórmula química.

Parece moi difícil, pero é doado de facer na casa (sempre coa supervisión dun adulto).

Precisamos: col lombarda, auga e auga destilada, limón, laranxa, pomelo, vinagre, sal, azucre, bicarbonato, quitagraxas e lixivia.

Os pasos son os seguintes:
1º - Cortar a col lombarda en anacos pequenos e cocela 10 minutos.
2º - Deixar enfriar.
3º - Preparar 10 vasos de plástico transparente e rotulalos cos nomes das substancias que van conter (un deles é para o extracto de col lombarda).
4º - Escurrir o líquido resultante de cocer a col, que é de cor morado escuro. Este extracto de col contiene cianina, que é a substancia que vai facer que os demais cambien de cor.
5º - Botar unha culleiriña de extracto de col en cada vaso e observar como cambia de cor, dependendo da acidez ou da alcalinidade dos productos.
O azucre, o sal e o bicarbonato hai que disolvelos en auga destilada.
Esta é a táboa que nos seguimos para recoñecer o pH.




Unha vez rematado esto, comprobamos que ao xuntar o máis ácido (limón) co máis alcalino (lixivia)... volvíase transparente! Ou que ao xuntar o vinagre co bicarbonato... BUUUM... menuda erpción!

Aquí vos deixamos o vídeo coas fotos, por se vos queda algunha dúbida!


viernes, 5 de febrero de 2016

INVENTOS BAILARINES... CUASI ROBOTS!

Así de guapos e de divertidos íamos disfrazados o día do Entroido no cole!



Este curso, o tema de traballo é Inventos e experimentos, así que pensamos que converternos no mecanismo interno dun robot bailarín era unha boa idea.



Durante o desfile, bailamos ao ritmo dos anos 80 con "Los pajaritos", dos anos 90 con "La Macarena" e dos anos 2000 con "Single lady"... reimos moitísimo nos ensaios. Logo lucimos o noso disfraz ai ritmo do "Carnaval, carnaval" e, con tanto esforzo... rompímonos!



viernes, 4 de diciembre de 2015

O DAPP DE XIANA CAUSA FUROR

Xiana, de 3º, foia a gañadora do concurso de escritura Va de inventos na categoría de 2º ciclo co seu DAPP (Dispensador Automático de Panos de Papel).

A verdade é que é un gran invento, que pode solucionarnos pasar un mal trago durante un resfriado... e mesmo que nos traguemos os nosos mocos!

Trouxo o invento a clase e pasamos un rato moi divertido con el. Para aqueles que querades facer un vós mesmos, podedes velo no Recuncho de Inventos e experimentos da planta baixa do cole.

Aquí vos deixamos tamñen algunha imaxe por se non podedes acercarvos polo cole. Moitas gracias a Xiana e á súa familia pola participación.








lunes, 30 de noviembre de 2015

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Este mes, adicado á ciencia en todos os coles, os alumnos de 3º e 4º traballamos con algunhas das mentes máis brillantes da historia da humanidade.
Eliximos inventores e inventos que cambiaron o curso da historia, traballamos as súas biografías, empregámonos a fondo para meternos na súa pel e... este foi o resultado!
Que opinades?


jueves, 29 de octubre de 2015

UN FOGUETE ESPECIAL

UN FOGUETE NO ESPACIO

Seguimos a experimentar e Laura, coa axuda da familia,  foi que de construir un foguete moi especial. Con diversos materiais e realizando unha mestura de substancias conseguiu lanzar o seu artiluxio ao espacio. Moi interesante!  Grazas por compartilo cos compañeiros!




sábado, 24 de octubre de 2015

EXPERIMENTO Nº 1

SABÍAS QUE... a madeira é un material flexible?
Nós averiguámolo a través dun experimento moi sinxelo. Prestade atención para poder facer isto!


Depresor antes e despois do experimento.

Primeiro estudiamos as propiedades dos materiais e fixemos uns murais ben xeitosos.


As propiedades da materia son: flexibilidade, fraxilidade, resistencia e elasticidade.

Os materiais son de orixe animal ou vexetal.


Os materiais teñen distintas texturas.

















Despois, comprobamos que esas propiedades poden variar se sometemos eses materias a algúns cambios.
A madeira, por exemplo, é un material moi resistente, pero tamén é flexible se aplicamos moita forza, a quentamos ou a metemos en auga.
Isto último foi o que fixemos nós. Prestade atención e poderedes facer unha pulseira super chula!

1º: Meter o depresor en auga e ferver durante unha hora.



2º: Dobrar o depresor pouco a pouco para metelo no vaso.


3º: Deixalo dentro do vaso 1 ou 2 días para que seque.


 4º: Pintalo con rotuladores como máis te guste.



E xa tes a tús pulseira!