Mostrando entradas con la etiqueta Apadriñamentos lectores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Apadriñamentos lectores. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de octubre de 2022

Apadriñamentos lectores

    Este luns foi moi especial: coñecemos aos nosos afillados lectores. Invitáronnos a aula de 3 anos e realizamos o sorteo entre "Padriños" e "Afillados".  Iniciamos unha bonita relación que durará toda a etapa de primaria no cole e lembraremos sempre con especial agarimo. 

   Seremos os encargados de axudarlles cando o precisen, ler para eles, ir á horta, xogar ...

   Que responsabilidade!


Premer sobre a fotografía para visualizar a montaxe!


jueves, 6 de mayo de 2021

Onde están os ovos de chocolate?

 Padriños e afillados lectores na procura dos ovos de chocolate! 

        Non era moi doado! Tiñan que seguir unhas instrucións e interpretar as indicacións dun plano realizado polos padriños para  atopar, no patio de infantil, o tesouriño agochado. 

       


Que ben o fixeron! Temos uns verdadeiros tesouriños en 3 anos!
Premer na imaxe para visualizar a montaxe.


viernes, 20 de noviembre de 2020

Apadriñamentos lectores

Os pequechos e as pequechas de tres anos xa teñen padriños lectores!
As nenas e os nenos de 3º de Primaria!

Preme na imaxe para visualizar o evento

Que emoción! Quen será o noso ou a nosa afillada?

lunes, 17 de febrero de 2020

AS LUPAS MÁXICAS


          Estivemos a facer unhas  lupas especiais para as nosas afilladas e afillados lectores.
     Invitámol@s a descubrir as cousiñas que se agochan debaixo das cores.
     Serán dinosaurios?  Serán fadiñas?  Formigas ou bechos?
 
    Cunha lupa máxica investigamos e atopamos o debuxo que se escondía debaixo da pintura!

    Que interesante!

Grazas por ser tan agarimos@s!



   

martes, 22 de octubre de 2019

APADRIÑAMENTO LECTOR 3 ANOS

E XA TEMOS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS, QUÉ EMOCIÓN!!!. A SEMANA PASADA OS NENOS E NENAS DE 3º DE PRIMARIA FIXERON O SEU PRIMEIRO APADRIÑAMENTO LECTOR COS MÁIS PEQUERRECHOS DO COLE. COMA TODOS OS ANOS, ENCÁNTANNOS VER A ILUSIÓN COA QUE CHEGAN E O CARIÑO QUE POÑEN EN TODO O QUE FAN COS SEUS AFILLAD@S. ESTA VEZ TOCOU UN RATIÑO DE XOGOS NA AULA E TAMÉN A SÚA AXUDA NA TAREFA DA VENDIMA. MIL GRAZAS PADRIÑOS E MADRIÑAS... SODES FANTÁSTIC@S!!




martes, 4 de abril de 2017

AXUDANDO AOS PEQUES A MELLORAR O SEU PARQUE

Encántanos pasar tempo cos nosos afillados e cos pequenos do cole en xeral. Seguro que xa o sabíades!

Eles están inmersos nun proxecto para mellorar o seu patio de xogos (pois está bastante velliño) e pedíronnos axuda para facer unhas actividades este luns... Nós encantados!

Dividíronse en catro grupos e foron rotando por catro obradoiros. 

No obradoiro de móbiles eles pintaron madeiras de deriva e nós, cunha corda e unhas boliñas de madeira, démoslle forma de móbil para colgar nas árbores.
Como estes móbiles trataban de estimular o oído, pois engadímoslle elementos sonoros (tubos, cascabeis...). Quedaron así de bonitos!


No obradoiro de circuitos tiñamos que axudarlles a deseñar pistas de atletismo (mesmo con obstáculos), circuitos para coches e circuitos para rodas. Teñen tanta imaxinación! Hay STOP, rotondas, aparcadoiros...


Tamén fixeron dous obradoiros eles soíños, un para pintar pedras e cunchas que van esconder como tesouros e outro para facer figuriñas de arcilla que colgar máis tarde dos móbiles.

Aquí vos deixamos un resumo de fotos para que vexades a actividade completa. Pasámolo ben, traballamos codo con codo todo xuntos, botamos a andar a creatividade e gozamos dun día de sol estupendo!


jueves, 23 de marzo de 2017

COMPARTINDO PROXECTO COS AFILLADOS

O pasado xoves tivemos uns agasallos moi especiais. 

As nosas madriñas e padriños lectores estiveron investigando e aprendendo sobre mecanismos de robótica e creárononos uns xoguetes hidráulicos fantásticos para aportarnos axuda no noso proxecto de robots. 

É incrible o agarimo e a dedicación que puxeron na fabricación dos mesmos. 

Quedamos encantados co agasallo, mirade que fabuloso traballo fixeron... sodes xeniais! graciñas!


viernes, 17 de marzo de 2017

LECTURAS AO SOL

Aproveitando estes día de bo tempo, padriños e afillados fomos gozar da maxia da lectura no patio do cole. 

Que gustiño escoitar contos redeados dos cantos dos paxaros e do sol, que se deixa notasrentre as follas das árbores!

Primeiro fixemos as lecturas individuais e, ao rematar, xuntámonos para escoitar As pousadeiras do rei (de Raquel Saiz), un conto moi divertido co que non paramos de rir.

Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades canto gozamos con esta actividade.


martes, 10 de enero de 2017

MARIONETAS SINXELAS, DIVERTIDAS E EMOCIONANTES

Pois si, marionetas tres en un!

Moi sinxelas: aquí o podedes comprobar:


Moi divertidas: gustaron tanto que mesmo foron xogo nos recreos!

Moi emocionantes: os afillados gozaron co espectáculo, sorprendéronse moito e riron ás gargalladas!


sábado, 31 de diciembre de 2016

CARTA AOS REIS MAGOS


       Estimadas Maxestades:

Son moitas as peticións que estamos a facer estes días, excesivas ás veces, egoístas a miúdo, interesadas en moitas ocasións, así e todo, queremos que coñezan algunhas delas e que as poidan ter en conta cando realicen a viaxe pola nosa terra.

Desexamos que todos os avós e as avoas teñan compañía estes días e que non os deixen sós, que lle envíen alimentos aos nenos e as nenas do mundo que están a pasar fame, que consigan vivir en  Paz todos os países que están en guerra, que os refuxiados sexan tratados de maneira xusta, que o meu tataravó se cure da amnesia e poida recoñecer aos seres queridos ...

E, como vostedes saben, gústannos  moito os agasallos e esperamos a súa visita dentro duns días.

                                        Apertas para os tres!!!


 P.D: Imos axudar aos afillados a escribir a carta! Temos que facer boa letra!Que responsabilidade!

E... que teñan unha boa viaxe!
     
     

MANS CON SENTIMENTOS

Padriños e afillados traballan coas emocións!

Nesta ocasión son os padriños os responsables de realizar unha gran tarefa, nada menos que reproducir a contorna da man dos seus afillados!

Preparar o plástico adhesivo, calcar a pequena man dos afillados, asegurarse de que os dedos estean  separados, comprobar que quedaron ben, recortar a silueta debuxada, elexir unha emoción ou sentimento para escribir na manciña, buscar un lugar para fixala, separar o papel adhesivo, e ...  apegar a peza na parede. Uf!!! Quen dixo que era doado?  No entanto, que satisfacción! E,  que gran agasallo o sorriso dos afillados!


Mans con sentimentos!



lunes, 10 de octubre de 2016

Apadriñamentos lectores

O pasado xoves foi un día especial, coñecemos aos nosos afillados lectores, os nenos e as nenas de 3 anos! Fixémoslles unha visita e aproveitamos para contarlles o conto "Os tres porquiños".
   
A historia comeza con tres protagonistas que reciben un consello da súa nai e que lles pide que se independicen pois xa se fixeron  maiores. Os porquiños están de acordo, e deciden construír as súas vivendas ... A nai emociónase ao velos marchar!
Nós sentímonos moi ben ao comprobar o interese que amosaban os afillados ao escoitar o relato.

A seguir, fómonos presentando e puidemos observar que algúns estaban indecisos, outros contentos, varios tiñan vergoña ... Que ben!  Amosaron o que sentían nese momento! Intentaremos axudarlles no que precisen, lerlles contos de vez en cando, darlles apertas moitas veces e facer que se sintan mellor na escola! Que responsabilidade a nosa! 

Que relato máis interesante!


viernes, 6 de mayo de 2016

O BIGOTE DE MIMÍ

Hoxe asistimos á proposta escénica ofertada pola Fundación Manuel María e representada por Luis Vallecillo e a banda do Cuberto "O bigote de Mimí".

Unha versión musical do conto de Manuel María, ilustrado por Xaquín Marín, que NOS amosou a historia deste gato agarimoso e moi presumido que nos tivo impacientes dÍas atrás ata saber se acabaría sendo empanada para ratos por unha mala decisión.

Agradecemos unha vez máis a ANPA a súa colaboración para subvencionar esta proposta !

jueves, 25 de febrero de 2016

ROSQUILLAS AGARIMOSAS

   Hoxe, na aula de cociña, os nosos  afillados fixeron
"rosquillas". Empregaron ovos, azucre, fariña, limón
e fermento.


           E, como boos afillados, agasalláronnos cunha bandexa 
dos exquisitos doces.


Que ricas!  Moitas grazas pitufos!

viernes, 11 de diciembre de 2015

CARTAS AOS REIS MAGOS

Os padriños e madriñas lectoras da aula de 3 anos (que son os alumnos de 3º) baixaron hoxe a axudar aos seus afillados a escribir a Carta ás súas Maxestades os reis Magos de Oriente.

















A verdade é que prepararon con moito cariño e esmero as misivas antes de poñerse codo con codo a pedir agasallos e escribir. Charlaron sobre o comportamento deste ano e, dependendo da valoración do mesmo, puideron elixir un ou varios xoguetes.

Foi un traballo conxunto que, dende fóra, merecía a pena observar... Cantos agarimos, cantas risas, canto amor... canta felicidade concentrada nunhas liñas!

Ao rematar, os pequenos tiñan preparado unha preciosa sorpresa para os maiores: uns adornos para a árbore de Nadal que eles mesmos fixeron con plastilina caseira!



Estamos todos encantados con esta actividade! 
Mirade que vídeo tan bonito e tenro!


lunes, 17 de noviembre de 2014

UN AGASALLO MOI ESPECIAL

Hoxe, os nenos e nenas de 4º entregaron aos seus afillados os castañeiros que con tanto cariño fixeron para eles.
A verdade que foi unha actividade preciosa, pois traballaron man a man cos máis pequenos na primeira sesión e fixeron os detalles con moito coidado para sorprender aos máis pequenos.
Mirade que caras de ilusión e agradecemento!
    

martes, 20 de mayo de 2014

COMO NOS GUSTA LER AOS NOSOS AFILLADOS

Ao longo de todo o curso baixamos á aula de 3 anos para ler contos aos nosos afillados. Encántanos facelo!
Este luns, fomos todos xuntos. Contar e gozar...todo é comezar!


martes, 17 de diciembre de 2013

CARTAS AOS REIS MAGOS

Este martes, os alumnos de 3º foron escribir cos seus afillados lectores de 3 anos as cartas ás súas maxestades.

Todos os nenos e nenas portáronse ben, así que puideron pedir ata tres cousiñas aos magos de Oriente.

Os maiores escribiron e recortaron e os pequenos colorearon e pegaron. As cartas quedaron estupendas; cando as vexan os Reis van saber o ben que traballamos no cole :)

Para que vexades vós mesmos!

Cartas aos Reis Magos