Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de junio de 2018

UNHA XORNADA MOI ESPECIAL

Hai uns día nos comunicaron que fomos gañadores do premio do xurado do concurso de vídeos Creando Rural, no que participamos varias aulas do cole.

Este foi o vídeo que prensentamos, por se aínda hai alguén que non o viu  :)



O premio consistíu nunha excursión dun día compeleto a Fervenzaventura, un parque multiaventura situado moi preto de Silleda.

A verdade que estivemos toda a semana desexando que chegara o día... E non nos defraudou!

Aprendemos a disparar con arco, escalamos unha parede vertical nun rocódromo, tirámonos por unha tirolina, xogamos no bosque a distintos xogos tradicionais... 

Temos que dicir que foi para todos unha xornada moi especial na que gozamos de estar xuntos e da natureza!


martes, 13 de marzo de 2018

UNHA VISITA AO AEROPORTO DE PEINADOR

     O venres, día 9 de marzo, visitamos as instalacións do aeroporto de Peinador. Que saída tan interesante!
 
     Fomos recibidos por persoal de Aena, empresa que xestiona a actividade do aeroporto, e
   accedemos ás instalacións guiados por monitores. O primeiro que fixemos foi colocar unha tarxeta identificativa para distinguir aos compoñentes do grupo. Visitamos zonas que están restrinxidas ao público. Tamén nos avisaron dos lugares onde non se pode filmar nin tirar fotografías.



"Visita ao aeroporto de Peinador"

     Explicáronnos as actividades que se realizan na zona de facturación, os produtos que están prohibidos levar na equipaxe de man ... e pasamos polo arco que detecta metais. Os axentes da garda civil  ensináronnos como funcionan as máquinas que escanean as mochilas e os bolsos dos viaxeiros.      Reveláronnos un segredo: os obxectos metálicos saen no escaner coa cor azulada e os obxectos de plástico vense de cor amarela ou laranxa. Na planta baixa atopamos unhas cintas transportadoras para as maletas dos viaxeiros que chegan a Peinador. Unhas son para  as maletas dos viaxeiros que chegan de Unión Europea e outra é para a equipaxe  dos que proceden doutros países. A seguir, nunha pequena sala, amósannos produtos que tiveron que requisar a algúns viaxeiros por non estaren permitidos no noso país.
   
     Outra das visitas foi ao parque dos bombeiros onde nos ensinaron os camións, as ferramentas, as mangueiras, o depósito da auga, o ximnasio ...

     E por último puidemos ver o despegue dun avión que se dirixía a Madrid.

miércoles, 15 de noviembre de 2017

RUBICUNDO, UN PERSONAXE MOI ESPECIAL

Hoxe, os alumnos de 3º e 4º, fomos ao teatro para ver a  Rubicundo, baseada na obra de literatura infantil de María Canosa co mesmo nome (publicado en Xerais).

A historia de Erea, Rubicundo e Darío está chea de intriga, fantasía e emoción a partes iguais.

Rubicundo é un home singular que ten un traballo nada convencional. Erea, que o ve saír cada noite coa súa bicicleta, o seu paraugas e a súa maleta, está disposta a averiguar a que se dedica e mesmo a ser a súa amiga...

Se non tedes a oportunidade de ir ver a obra ao teatro, o libro está na nosa biblioteca... Non volo perdades!

Aquí vos deixamos algunhas fotos do espectáculo e do ben que o pasamos ao rematar na paria de Samil, onde fomos merendar e xogar xuntiños.



domingo, 29 de octubre de 2017

MEIRANDE

     "Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande"

     O venres visitamos o Museo Meirande en Redondela. 
     Está situado na antiga Fábrica do Alemán, unha construción de comezos do século XX adicada á salgadura e logo á conserveira.
     Este centro amosa a riqueza histórica, artística, cultural e paisaxística da zona e ofrécenos unha viaxe ao pasado.
     Nas instalacións quedan restos da maquinaria empregada na industria conserveira daquela época e os lugares para a salgadura. Tamén se poden visitar a sala das máquinas de vapor que producían a electricidade.
     Noutra das salas visualizamos a "Batalla de Rande", 23 de outubro de 1702, onde se enfrontaron a escuadra anglo-holandesa e a hispano-francesa. Estes últimos intentando protexer o cargamento dos galeóns españoles que procedían de América con ouro, prata e outras valiosas mercadorías.
     Visitamos á bodega dun galeón e puidemos ver os produtos que  traían de América: patacas, millo, tintes para roupa, lingotes de prata ...
     Tamén hai maquetas das embarcacións que participaron na batalla, canóns, instrumentos de navegación, traxes para  mergullarse ...


     Museo Meirande en Redondela


     


jueves, 26 de octubre de 2017

SAPOS, BRUXAS E CURUXAS...

Este era o título do traballo de lingua que estivemos a facer estes días. A verdade que pasámolo moi ben facéndoo!

Se alguén está interesado en ver as actividades con detalle ou mesmo facelas, pinchando aquí podedes descargalas.

As tarefas a realizar eran catro e en todas elas tiñamos que traballar en grupo. Aquí volas explicamos!

TAREFA 1: INVENTANDO HISTORIAS DE TERROR

Tiñamos que inventar unha historia (con introdución, nó e desenlace) logo de tirar catro dados terroríficos e anotar as catro "condicións" que debía cumprir. 


Así, as nosas historias enchéronse de bruxas, gatos, tearañas, pantasmas, castelos...
Con esta tarefa traballamos a expresión escrita, os elementos dos contos, a ortografía e a gramática...



TERFA 2: DOBRANDO UNHA PELI DE MEDO

Non é nada doado poñerlle voz aos personaxes dunha película, pero fixémolo bastante ben.
A tarefa consistiu en seleccionar unha escena, escribir o diálogo dos personaxes, grabar as voces e os sons e montar o vídeo (esta última para a fixo a profe...). Aquí vos deixamos o proceso e os resultados.
















TAREFA 3: UNHA MANUALIDADE TERRORÍFICA

Seguindo as instruccións dun titorial tivemos que realizar unha manualidade. Con todas elas decoramos a clase para o Samaín.
Ao rematar, escribimos os materiais que se precisan e as instruccións paso a paso.


TAREFA 4: SETE CASAS, SETE BRUXAS E UN OVO

As primeiras páxinas deste libro de Gloria Sánchez foron as que limos para traballar a comprensión escrita. Co texto, xogamos a buscar sinónimos e antónimos, a inventar finais, a pensar campos semánticos...


GRAN TRABALLO! SEGUIDE ASÍ!

miércoles, 25 de octubre de 2017

VISITA AO MEIRANDE

Aquí temos a nosa nova tarefa. Estoy segura de que vos vai encantar!




Enlaces con información sobre o museo:




Folleto da Batalla de Rande:


Recordade que se non coñecedes algunha palabra podedes buscar no dicionario on line da academia galega.

Ao rematar a tarefa, tedes que avaliala e deixar esa avaliación como comentario nesta entrada. 

Ao ataque!

jueves, 6 de abril de 2017

UNHA SAÍDA MOI COMPLETA

Esta semana está dando para moito!
O luns, traballo cooperativo cos afillados; o martes, xornada de educación vial; e hoxe... excursión!

Primeiro fomos visitar a planta embotelladora de auga de AGUASANA, onde José Luis nos explicou todos e cada un dos procesos que se realizan na fábrica para obter as botellas que mercamos no supermercado.

Ás portas da fábrica, felices de estar de excursión.

Vimos as máquinas que dan forma ás botellas (con calor e aire a presión); despois observamos como se enchían de auga e como se colocaba o tapón; a continuación o etiquetado; e finalmente o empaquetado para o seu transporte.
Moi atentos a todo o que nos contaban...

Gustounos moito polo amables que foron, por todo o que aprendemos e porque non todos os días un ten que poñerse un traxe especial para entrar nun lugar especial ;)

Déronnos un traxe para entrar (pois é un lugar no que hai que extremar a hixiene).

Tras a visita, fomos a Praia América. Alí merendamos, recollimos lixo e gozamos da auga e da area. Encántanos pasar estes ratos xuntos!







jueves, 17 de noviembre de 2016

DÍA DE TEATRO E PRAIA

Isto é un non parar! Onte á montaña e hoxe ao teatro e á praia! Así estamos de cansos...

Hoxe pola mañá fomos a Vigo, ao teatro de Afundación, para ver a obra teatral de Iñaki Rikarte titulada Pulgarcito.
Tan só dous actores deron vida a unha historia chea de emocións na que, a través do conto clásico do pequeno Pulgarcito, fixéronos reflexionar sobre o abandono das persoas maiores en residencias...

Ao rematar, e aproveitando o marabilloso día de sol que nos brindou este mes de novembro, fomos merendar á praia. Que ben o pasamos na area e metendo o pés na auga fresquiña do Atlántico!












miércoles, 16 de noviembre de 2016

UN MAGOSTO MÁIS NO MONTE GALIÑEIRO

Encántanos esta excursión! Agardamos con ganas por ela dende que comeza o curso... por iso de ser a primeira e porque lle temos un cariño moi especial a este Monte Galiñeiro que vive preto de nós. 


Tanto os alumnos de 3º coma os de 4º subimos camiñando, pois un pouquiño de exercicio para comezar a mañá sempre é bo. 


Esta vez variamos un chisco o percorrido habitual para visitar a Igrexa románica de Santa Mariña e coñecer un pouco máis o patrimonio que temos preto.


Fomos tamén observando a fermosa vida das beiras da senda: flores de todas as cores, fentos, musgo, piñeiros e eucaliptos, alghuna que outra seta...




Ao chegar arriba, como é costume, adicámonos a facer cabanas, asar castañas, merendar cos compañeiros, correr e xogar libres... Dá gusto ver o felices que somos ao aire libre.



Chagamos extenuados ao cole, pero pagou a pena!
Aquí vos deixamos unhas fotos de todos...




martes, 16 de febrero de 2016

ALMORZOS SAUDABLES

Hoxe asistimos a unha actividade na Residencia de Tempo libre de Patos. Os estudiantes dos módulos de hostelería e restaurante do Obradoiro Terras do Miñor ofrecéronnos, a varios Centros dos Concellos de Nigrán, Gondomar e Baiona, un almorzo saudable e delicioso.

Foi unha actividade moi completa: elaboramos madalenas, fixemos unhas brochetas de froita e degustamos tamén batido de piña e bolos de pan con xamón curado e tomate.

Tratáronnos fenomenal. Aquí vos deixamos a proba!


martes, 26 de enero de 2016

MUSICANDO CON ODAIKO

Os nenos e nenas de 3º e 4º fomos hoxe ao teatro Afundación, en Vigo, a disfrutar dun espectáculo de música a cargo do grupo Odaiko.
Trátase dun grupo composto por catro chicos galegos que están percorrendo o mundo con espectáculos cheos de luz, ritmo, sopresas e risas.
Nós paśamolo en grande! 
Aquí vos deixamos unhas fotos e uns vídeos para que tamén podades gozar do seu show.








viernes, 13 de noviembre de 2015

DETECTIVES PARA UNHA COLECIÓN DE ARTE

Os nenos e nenas do 2º ciclo convertéronse en detectives por un día. Foi nas instalacións de AFUNDACIÓN en Vigo, onde se atopa a exposición de pintura Tradición, cambio e innovación.


A actividade que lles propuxeron consitiu en atopar dúas obras de arte entre as expostas na sala. Para iso dividíronlles en grupos e proporcionáronlles unhas pistas e unha lupa.



Con paciencia e moita perspicacia foron aparecendo obras de Kandinski, Dalí... e aprendemos os cambios que sufríu esta arte ao longo do século XX.
Depois, para rematar, elaboramos os nosos propios bodegóns cun toque vanguardista... quedáronnos chulísimos!



Ao rematar a visita, como é costume, as nosas profes leváronos a disfrutar do aire libre; esta vez, á praia de Samil.