Mostrando entradas con la etiqueta Historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia. Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de marzo de 2018

PRENSA E MULLER

Logo de varias sesións de traballo para analizar diferentes xornais, listar as seccións comúns, coñecer as partes dunha nova, buscar información sobre mulleres... Escribimos as nosas propias novas!


Cada grupo elixiu unha sección e unha muller que destacou nese campo (científicas, deportistas, actrices, pintoras...) e púxose mans á obra. 

O obxectivo desta tarfea é escribir un xornal colectivo, no que todos os cursos aportemos distintas novas. Que emocionante!




Atopamos toda a información que precisabamos no recuncho da planta baixa, no que había fondos sobre "Mulleres bravas da historia". A verdade é que hai unha chea de libros moi interesantes que dan a coñecer a estas valerosas mulleres.


Unha vez tiñamos todos os datos, escribimos as nosas novas (en papel e en formato dixital) e as levamos aos redactores xefes, os alumnos de 5º e 6º, que están maquetando o xornal.



Ademais, pegamos e clasificamos as nosas novas (segundo a CDU da nosa biblioteca) no taboleiro da planta baixa para que todos podades botalas un vistazo!




Estamos moi orgullosos do noso traballo!

jueves, 15 de febrero de 2018

O ENTROIDO TOMAS AS RÚAS DE VINCIOS

Este ano saímos lucir os nosos disfraces pola parroquia.
Aproveitamos o bo día para subir ata o atrio da capela de Santa Lucía ao ritmo da música, desfilando segundo a liña do tempo histórico.

Encabezando o desfile ían os dinosaurios da Era Terciaria, seguidos dos homes das cavernas, habitantes da Prehistoria. 



Logo, xa na Idade Antiga, íamos nós, os nobres do Antigo Exipto.


Tras de nós, os distintos estratos sociais da Idade Media: nobres, cabaleiros, campesinos, bruxas, bufóns... 


Xa na Idade Moderna, a conquista do oeste americano, representada polos Indios americanos.
 

E os nosos días, a Idade Contemporánea, estivo representada pola era Espacial... á conquista do espazo!


Aquí  vos deixamos un vídeo coas fotos deste Entroido tan histórico no que o pasamos estupendamente!

jueves, 8 de febrero de 2018

TRABALLANDO EN EQUIPO PARA CONFECCIONAR O DISFRAZ

Este ano, relacionado coa Historia, imos disfrazarnos de nobres do Antigo Exipto.

As profes prepararon os materiais necesarios para facer os traxes e nós traballamos duro para realizar cada unha das partes do disfrace.

Precisamos bolsas brancas, tea dourada, tea a raias dourada e azul, gomaeva (de varias cores con purpurina), cartolina dourada e trapillo marrón.

Tiñamos que facer todo o que se ve na seguinte imaxe e o mellor xeito foi o traballo en cadea por grupos, así fixemos todos os disfraces entre todos!
















Aquí tedes un vídeo coas fotos do proceso e do resultado. Así de guapos íamos cos nosos disfraces, cheos de ouro, epedras preciosas (rubíes, esmeraldas, zafiros...). 


martes, 16 de enero de 2018

UN PASEO POLA PREHISTORIA

Onte e hoxe tivemos unha actividade moi interesante no cole que nos axudou a coñecer como vivían na Prehistoria. Grazas á colaboración da ANPA, do cole e das familias puidemos gozar desta proposta de Planetario Sierra Norte.

Primeiro, Bienvenido falounos das diferencias entre o Paleolítico, o Neolítico e a Idade dos Metais a través dunha presentación e de moitas pezas arqueolóxicas da época (algunhas eran réplicas e outras eran reais).

Este é Bienvenido falando das pinturas rupestres.

Mar tecendo como o facían na Prehistoria.

Aprendemos cómo vivían, de qué se alimentaban, como facían as súas vestiduras, que ferramentas utilizaban... e as diferencias entre unhas épocas e outras. Tamén puidemos ver cráneos que amosan a evolución do home.

Réplica de la Venus de Willendorf, deusa da fertilidade.

Cráneos replicados das distintas etapas da evolución do home.


Ao día seguinte, da man de Isabel, entramos nunha cova Prehistórica chea de pinturas das distintas épocas. 

Explicounos como iluminaban a cova, como preparaban a pintura con minerais machucados e que tipo de debuxos facían en cada unha das épocas... Que distintas son as pinturas do Paleolítico e do Neolítico! A profe pediunos que nos fixáramos ben... Por que será?

O lume era un elemento fundamental naquela época.

Bisontes do Paleolítico. Atraían a sorte na caza.

As pinturas Neolíticas eran máis esquemáticas. Aquñi un plan de caza.

Moi atentos ás expliacacións... Todo era moi interesante!

Algunhas pinturas aínda non se sabe que representan...

Quedamos abraiados na cova... e conxelados tamén!

A verdade que é unha sorte poder aprender dun xeito tan divertido... Sehuro que a seguinte etapa da Historia tamén nos depara algunha sorpresa!

viernes, 3 de noviembre de 2017

PAZO DO CONDE DE GONDOMAR


Esta vez as familias buscaron información sobre o Pazo do Conde de Gondomar.
Fortificación de orixe medieval situada ao Sur da Vila de Gondomar. Está declarada Ben de Interese Cultural.

Unha das portas da muralla

 
Imaxe de Don Diego Sarmiento de Acuña
 
                                       Grazas familias pola vosa colaboración! Unha aperta!

jueves, 26 de octubre de 2017

SAPOS, BRUXAS E CURUXAS...

Este era o título do traballo de lingua que estivemos a facer estes días. A verdade que pasámolo moi ben facéndoo!

Se alguén está interesado en ver as actividades con detalle ou mesmo facelas, pinchando aquí podedes descargalas.

As tarefas a realizar eran catro e en todas elas tiñamos que traballar en grupo. Aquí volas explicamos!

TAREFA 1: INVENTANDO HISTORIAS DE TERROR

Tiñamos que inventar unha historia (con introdución, nó e desenlace) logo de tirar catro dados terroríficos e anotar as catro "condicións" que debía cumprir. 


Así, as nosas historias enchéronse de bruxas, gatos, tearañas, pantasmas, castelos...
Con esta tarefa traballamos a expresión escrita, os elementos dos contos, a ortografía e a gramática...



TERFA 2: DOBRANDO UNHA PELI DE MEDO

Non é nada doado poñerlle voz aos personaxes dunha película, pero fixémolo bastante ben.
A tarefa consistiu en seleccionar unha escena, escribir o diálogo dos personaxes, grabar as voces e os sons e montar o vídeo (esta última para a fixo a profe...). Aquí vos deixamos o proceso e os resultados.
















TAREFA 3: UNHA MANUALIDADE TERRORÍFICA

Seguindo as instruccións dun titorial tivemos que realizar unha manualidade. Con todas elas decoramos a clase para o Samaín.
Ao rematar, escribimos os materiais que se precisan e as instruccións paso a paso.


TAREFA 4: SETE CASAS, SETE BRUXAS E UN OVO

As primeiras páxinas deste libro de Gloria Sánchez foron as que limos para traballar a comprensión escrita. Co texto, xogamos a buscar sinónimos e antónimos, a inventar finais, a pensar campos semánticos...


GRAN TRABALLO! SEGUIDE ASÍ!

lunes, 23 de octubre de 2017

TESOURIÑOS DOUTROS TEMPOS

Monte de Santa Tegra

     Esta tarefa, realizada polas familias na Libreta Viaxeira, amosa o poboado Celta de Santa Tegra.
     
     Os pobos celtas instaláronse no norte e centro da península ibérica. Vivían en poboados amurallados e elevados chamados castros. As súas casas tiñan forma circular e distribuíanse de maneira desordenada.
     Os celtas organizábanse en tribos. Adicábanse á gandaría e eran especialistas na fabricación de obxectos de ferro e bronce.   Fabricaban armas para os guerreiros.

      "Aprendendo a cultura castexa"
"Castro de Santa Tegra. A Guarda"

Moitas grazas familias pola vosa colaboración!

viernes, 13 de octubre de 2017

TESOURIÑOS DOUTROS TEMPOS

     Estamos a investigar sobre as pequenas construcións que tiñan unha gran importancia noutros tempos e que na actualidade están en desuso. Ás veces os propietarios deciden restauralas ou darlle outra utilidade. Non obstante, a maioría das veces  quedan abandonadas.  Que mágoa!

     Unha destas xoiñas son os muíños. 


     LIBRETA VIAXEIRA

     A mochila viaxeira deste curso xa iniciou a súa andaina. Esta semana, grazas a colaboración das familias, puidemos contemplar unha fotografía dos Petroglifos da Pedra das Procesións na Serra do Galiñeiro.  Que interesante!
Pedra das Procesións

Petroglifos na Serra do Galiñeiro