martes, 13 de marzo de 2018

UNHA VISITA AO AEROPORTO DE PEINADOR

     O venres, día 9 de marzo, visitamos as instalacións do aeroporto de Peinador. Que saída tan interesante!
 
     Fomos recibidos por persoal de Aena, empresa que xestiona a actividade do aeroporto, e
   accedemos ás instalacións guiados por monitores. O primeiro que fixemos foi colocar unha tarxeta identificativa para distinguir aos compoñentes do grupo. Visitamos zonas que están restrinxidas ao público. Tamén nos avisaron dos lugares onde non se pode filmar nin tirar fotografías.



"Visita ao aeroporto de Peinador"

     Explicáronnos as actividades que se realizan na zona de facturación, os produtos que están prohibidos levar na equipaxe de man ... e pasamos polo arco que detecta metais. Os axentes da garda civil  ensináronnos como funcionan as máquinas que escanean as mochilas e os bolsos dos viaxeiros.      Reveláronnos un segredo: os obxectos metálicos saen no escaner coa cor azulada e os obxectos de plástico vense de cor amarela ou laranxa. Na planta baixa atopamos unhas cintas transportadoras para as maletas dos viaxeiros que chegan a Peinador. Unhas son para  as maletas dos viaxeiros que chegan de Unión Europea e outra é para a equipaxe  dos que proceden doutros países. A seguir, nunha pequena sala, amósannos produtos que tiveron que requisar a algúns viaxeiros por non estaren permitidos no noso país.
   
     Outra das visitas foi ao parque dos bombeiros onde nos ensinaron os camións, as ferramentas, as mangueiras, o depósito da auga, o ximnasio ...

     E por último puidemos ver o despegue dun avión que se dirixía a Madrid.

No hay comentarios:

Publicar un comentario