miércoles, 15 de noviembre de 2017

RUBICUNDO, UN PERSONAXE MOI ESPECIAL

Hoxe, os alumnos de 3º e 4º, fomos ao teatro para ver a  Rubicundo, baseada na obra de literatura infantil de María Canosa co mesmo nome (publicado en Xerais).

A historia de Erea, Rubicundo e Darío está chea de intriga, fantasía e emoción a partes iguais.

Rubicundo é un home singular que ten un traballo nada convencional. Erea, que o ve saír cada noite coa súa bicicleta, o seu paraugas e a súa maleta, está disposta a averiguar a que se dedica e mesmo a ser a súa amiga...

Se non tedes a oportunidade de ir ver a obra ao teatro, o libro está na nosa biblioteca... Non volo perdades!

Aquí vos deixamos algunhas fotos do espectáculo e do ben que o pasamos ao rematar na paria de Samil, onde fomos merendar e xogar xuntiños.



No hay comentarios:

Publicar un comentario