Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2015/2016. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2015/2016. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de junio de 2016




Hoxe estivemos facendo un experimento cos nosos afillados. Foron eles quen nos invitaron esta vez e pasámolo en grande.
Veu Rigoberta, acompañada da súa amiga Rosalía, a explicarnos a través dun sinxelo experimento que as nosas mans poden estar cheas de microorganismos prexudiciais se non as lavamos.

O experimento chamábase Mans limpas, mans sucias. Cun pouquiño de auga, algar algar (que é o que comen os microorganismos), placas petri e as monsas mans... Quedamos pampos! Canta proquería temos nas mans! 

Agora temos en clase as placas para ir vendo cada día como medran os "bichinos"... que no microscopio parecen "bichotes".

martes, 31 de mayo de 2016

EXPERIMENTOS EN FAMILIA

   Seguimos a experimentar na casa e comprobamos a cantidade de procesos físicos e químicos que acontecen decotío no noso contorno.


   Silvia traballou co son e foi quen de conseguir reproducir o cacarexo dunha galiña empregando un vaso de plástico.

Grazas por compartir connosco a túa experiencia.

   Sira  experimentou cun globo, auga e unha candea. Aplicoulle calor ao globo pero este non estoupou.
Que interesante!

   Sara practicou a pesca de xeo na súa casa. Empregou un pouco de sal e puido atrapar anacos de xeo. A disolución do xeo grazas ao sal axudou no proceso.

Grazas por este traballo!

   Telmo experimentou cun ovo de galiña. Amosounos un xeito diferente de preparar  "ovo fritido".  Quen o diría! A simple vista semella estar frito! Pero non é así! A desnaturalización das proteínas da clara do ovo ocorre cando lle aplicamos calor ou certas susbtancias como o alcol.
Moitas grazas por compartir cos compañeiros esta actividade!




viernes, 6 de mayo de 2016

O BIGOTE DE MIMÍ

Hoxe asistimos á proposta escénica ofertada pola Fundación Manuel María e representada por Luis Vallecillo e a banda do Cuberto "O bigote de Mimí".

Unha versión musical do conto de Manuel María, ilustrado por Xaquín Marín, que NOS amosou a historia deste gato agarimoso e moi presumido que nos tivo impacientes dÍas atrás ata saber se acabaría sendo empanada para ratos por unha mala decisión.

Agradecemos unha vez máis a ANPA a súa colaboración para subvencionar esta proposta !

martes, 26 de abril de 2016

TRABALLANDO COAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Estas semanas estivemos a traballar na aula con unhas tablets que nos emprestou o CFR de Vigo.
Con elas, e aproveitan que se achegaba o Día do Libro, quixemos dar renda solta á nosa creatividade reinventando contos e creanco bandas deseñadas nas clases de lingua castelá.

Empregamos, fundamentalmente, dúas Apps: creatales para os contos y Photo comic bubble para as bandas deseñadas.

Aproveitamos para recordar a estructura do conto, os elementos esenciais, a linguaxe empregada no mundo da banda deseñada, as onomatopeas...

Estas son as bandas deseñadas que eles mesmos inventaron e deseñaron. Valorade vós mesmos, pero nós pensamos que son verdadeiramente boas!


Autores: Carla e Nadia.

Autores: Anxo e Iria.

Autores: Diego e Nico.

Autores: Brais e Duna.

Autores: Daniela e Ruth.

Autores: Aaron e Nadia.

Autores: Brais y Zequi.

E aquí tedes os contos que, por parellas ou en grupos de tres, reinventaron, pois titulamos a actividade Reinventando a Caperucita:







Descubrimos o ADN dos amorodos

  O ADN dos amorodos

 A familia de Ana estivo a investigar sobre o ADN das fresas e semellante descubrimento levounos a realizar o mesmo experimento na aula.
   A actividade é moi sinxela e permite visualizar as cadeas do ADN que están nas células dos amorodos, das cebolas, dos allos  ...


Ana, coa axuda da súa familia, realiza todo o proceso de investigación.


Que sinxelo parece!




miércoles, 6 de abril de 2016

DESPEDINDO A IKER

Hoxe estamos tristes porque se va un dos nosos compañeiros e amigos.
Iker leva con nós desde tres anos e, agora que comeza unha nova etapa, queremos mandarlle todos os nosos bos desexos.

Que sexas moi feliz e... non te olvides de nós!

Un bico enorme, Iker.


viernes, 11 de marzo de 2016

EXPERIMENTANDO NA CASA

A MAXIA DAS MESTURAS: LEITE DE CORES

Seguimos a experimentar coas familias e nesta ocasión Marta foi quen de facer leite de cores.

Este experimento amosa a importancia da física e das súas aplicacións. A superficie dos líquidos compórtase como unha membrana en tensión. Este fenómeno é coñecido como tensión superficial. Algunhas substancias, como o xabón, poden diminuir dita tensión na auga, no leite ...

Marta engadiu xabón ao leite para facilitar as mesturas das cores sobre o leite.




VID_20160304_202150 from librincios on Vimeo.

E seguimos a experimentar...!

"LAVA  LAMP" 

Uxía fabricou unha lámpada de lava visual.
 Empregou: auga, aceite, produto efervescente, un vaso, pinturas de cores e unha fonte luminosa.


A luz pasa a través das substancias que hai no vaso. Que bonito!


Grazas familias!
 Son moitos os experimentos que estades a compartir connosco!




miércoles, 9 de marzo de 2016

NA PROCURA DO TESOURO

Unha boa forma de traballar a orientación, a cooperación e as matemáticas... Unha busca dun tesouro polo colexio!

Á segunda foi a vencida (porque nos costou un chisquiño entender que había que colaborar e non competir), pero hoxe, por fin, conseguimos atopalo :)

Formamos tres equipos e cada un deles recibiu un plano do colexio cos cuadrantes marcados para orientarse e unha folla coas instrucción para atopar e anotar as pistas.
Ademais, para obter a clave que abría a maleta... tivemos que dividir!

Foi interesante ver como se manexaban co plano...

Había pistas por todo o colexio: nas porterías, nas árbores, nalgunha ventá, no invernadoiro, no parque de Infantil... Atopámolas todas e conseguemos abrir a maleta que contiña o dulce tesouro!

Cantas chuches para compartir!

Aquí vos deixamos algúns dos momentos desta busca que nos gustou a todos!




martes, 8 de marzo de 2016

CRISTALIZACIÓN DE AZUCRE

E seguimos a experimentar! A semana pasada fixemos cristais de azucre.


Empregamos auga, azucre e colorante alimentario. Mesturamos ben e quentamos nunha tarteira. A seguir metemos os "pinchos de madeira" nos recipientes de vidro, sen que toquen  na base, e esperamos 48 horas.


Que interesante!



jueves, 25 de febrero de 2016

ROSQUILLAS AGARIMOSAS

   Hoxe, na aula de cociña, os nosos  afillados fixeron
"rosquillas". Empregaron ovos, azucre, fariña, limón
e fermento.


           E, como boos afillados, agasalláronnos cunha bandexa 
dos exquisitos doces.


Que ricas!  Moitas grazas pitufos!

martes, 23 de febrero de 2016

EXPERIMENTANDO CO pH

Hoxe fixemos un experimento moi divertido e interesante: averiguar o pH de productos que temos nos nosos fogares e que podemos utilizar como elementos dunha fórmula química.

Parece moi difícil, pero é doado de facer na casa (sempre coa supervisión dun adulto).

Precisamos: col lombarda, auga e auga destilada, limón, laranxa, pomelo, vinagre, sal, azucre, bicarbonato, quitagraxas e lixivia.

Os pasos son os seguintes:
1º - Cortar a col lombarda en anacos pequenos e cocela 10 minutos.
2º - Deixar enfriar.
3º - Preparar 10 vasos de plástico transparente e rotulalos cos nomes das substancias que van conter (un deles é para o extracto de col lombarda).
4º - Escurrir o líquido resultante de cocer a col, que é de cor morado escuro. Este extracto de col contiene cianina, que é a substancia que vai facer que os demais cambien de cor.
5º - Botar unha culleiriña de extracto de col en cada vaso e observar como cambia de cor, dependendo da acidez ou da alcalinidade dos productos.
O azucre, o sal e o bicarbonato hai que disolvelos en auga destilada.
Esta é a táboa que nos seguimos para recoñecer o pH.




Unha vez rematado esto, comprobamos que ao xuntar o máis ácido (limón) co máis alcalino (lixivia)... volvíase transparente! Ou que ao xuntar o vinagre co bicarbonato... BUUUM... menuda erpción!

Aquí vos deixamos o vídeo coas fotos, por se vos queda algunha dúbida!


sábado, 20 de febrero de 2016

UN DÍA CALQUERA NA NOSA AULA...

A verdade é que traballmos moito (aínda que ás veces a profe diga que podemos facer máis...).
Mirade todo o que fixemos o venres. Parécevos pouco?

Decorando os baños... Un toque de cor nunca está de máis!

Coidando os semeteiros... Pouquiño a pouco creamos o noso horto!

Un mural no que contamos os nosos experimentos... Sabías que...?

Este foi un deles... Que pasada!

Creando unha roda de alimentos. Está quedando xenial!


martes, 16 de febrero de 2016

ALMORZOS SAUDABLES

Hoxe asistimos a unha actividade na Residencia de Tempo libre de Patos. Os estudiantes dos módulos de hostelería e restaurante do Obradoiro Terras do Miñor ofrecéronnos, a varios Centros dos Concellos de Nigrán, Gondomar e Baiona, un almorzo saudable e delicioso.

Foi unha actividade moi completa: elaboramos madalenas, fixemos unhas brochetas de froita e degustamos tamén batido de piña e bolos de pan con xamón curado e tomate.

Tratáronnos fenomenal. Aquí vos deixamos a proba!


viernes, 5 de febrero de 2016

INVENTOS BAILARINES... CUASI ROBOTS!

Así de guapos e de divertidos íamos disfrazados o día do Entroido no cole!



Este curso, o tema de traballo é Inventos e experimentos, así que pensamos que converternos no mecanismo interno dun robot bailarín era unha boa idea.



Durante o desfile, bailamos ao ritmo dos anos 80 con "Los pajaritos", dos anos 90 con "La Macarena" e dos anos 2000 con "Single lady"... reimos moitísimo nos ensaios. Logo lucimos o noso disfraz ai ritmo do "Carnaval, carnaval" e, con tanto esforzo... rompímonos!



martes, 2 de febrero de 2016

EXPERIMENTANDO NA CASA

Seguimos a experimentar na casa e compartimos a nosa tarefa c@s compañeir@s na aula. As seguintes imaxes amosan unha parte da actividade. Esperamos que vos resulten interesantes.



André demostrou que un ovo pode flotar na auga salgada e 
afundirse na auga doce. E todo a causa da densidade, 
se engadimos un pouco de sal conseguimos que aumente
a densidade do líquido.
 Grazas  por compartir o teu experimento!




Aroa fixo desaparecer unha moeda que deixara debaixo dun vaso.
 Como é posibel? 

Grazas Santi por compartir cos compañeiros o teu experimento.

Lara foi quen de facer que un vaso beba auga.

Hugo fabricou unha bengala caseira. Impresionante!


Sofía realizou un experimento similar ao de Lara, coa mesma base científica.


 Grazas polas vosas achegas!





martes, 26 de enero de 2016

MUSICANDO CON ODAIKO

Os nenos e nenas de 3º e 4º fomos hoxe ao teatro Afundación, en Vigo, a disfrutar dun espectáculo de música a cargo do grupo Odaiko.
Trátase dun grupo composto por catro chicos galegos que están percorrendo o mundo con espectáculos cheos de luz, ritmo, sopresas e risas.
Nós paśamolo en grande! 
Aquí vos deixamos unhas fotos e uns vídeos para que tamén podades gozar do seu show.








sábado, 16 de enero de 2016

APRENDENDO DAS REACCIÓNS QUÍMICAS

Estes días estivemos preparando na clase unha reacción química para simular unha erupción volcánica.
Primeiro preparamos unhas maquetas con cartón, un vaso, plastilina, témpera e papel. Quedáron espetaculares!

Despois preparamos vinagre, bicarbonato e colorante de cociña (tamén se pode utilizar pimentón) e comezamos.

- Botamos dúas cucharadas de bicarbonato no vaso.
- Mexturamos o vinagre con colorante (cinco gotiñas).
- Botamos a mestura no vaso e.... Bummm!

Isto sucede porque químicamente, o vinagre é un ácido e o bicarbonato unha base. Ao xuntarse, a Reacción ácido-base produce un gas, o CO2, que sae en forma de burbullas.

Aquí tedes a nosa experiencia.

martes, 12 de enero de 2016

EN BUSCA DA LUZ

      Os alumn@s de 4º de primaria fixemos un traballo de investigación sobre a iluminación ao longo da historia. O proxecto, "EN BUSCA DA LUZ", resultou unha tarefa moi interesante. Buscamos información en Internet e na  biblioteca do cole, experimentamos con diversos materiais, cera de abella, graxa animal, parafina, estopa, cortiza ... e elaboramos lámpadas e candeas cos materiais antes mencionados. Que interesante!   




proxectoluz from librincios on Vimeo.

lunes, 11 de enero de 2016

PANXOLIÑA DO NADAL

As nenas e os nenos de 4º cantamos e bailamos co ritmo de Lucía Pérez.  Grazas por compartir todas estas vivenzas!



panxoliña from librincios on Vimeo.

sábado, 19 de diciembre de 2015

CUMBIALIÑA DE NADAL

Os nenos e nenas de 3º cantaron e bailaron a ritmo de cumbia unha panxoliña, e fixérono con moito salero.
Eles mesmos fixeron os traxes, moi coloridos e vistosos.
Aquí vos deixamos un vídeo coa actuación e algunhas fotos para que vexades o ben que se movían!






Por certo! Noraboa a Aida, de 6º, pola postal gañadora deste ano, coa que felicitaremos as festas a toda a Comunidade Educativa. Aquí a tedes.