jueves, 26 de octubre de 2017

SAPOS, BRUXAS E CURUXAS...

Este era o título do traballo de lingua que estivemos a facer estes días. A verdade que pasámolo moi ben facéndoo!

Se alguén está interesado en ver as actividades con detalle ou mesmo facelas, pinchando aquí podedes descargalas.

As tarefas a realizar eran catro e en todas elas tiñamos que traballar en grupo. Aquí volas explicamos!

TAREFA 1: INVENTANDO HISTORIAS DE TERROR

Tiñamos que inventar unha historia (con introdución, nó e desenlace) logo de tirar catro dados terroríficos e anotar as catro "condicións" que debía cumprir. 


Así, as nosas historias enchéronse de bruxas, gatos, tearañas, pantasmas, castelos...
Con esta tarefa traballamos a expresión escrita, os elementos dos contos, a ortografía e a gramática...



TERFA 2: DOBRANDO UNHA PELI DE MEDO

Non é nada doado poñerlle voz aos personaxes dunha película, pero fixémolo bastante ben.
A tarefa consistiu en seleccionar unha escena, escribir o diálogo dos personaxes, grabar as voces e os sons e montar o vídeo (esta última para a fixo a profe...). Aquí vos deixamos o proceso e os resultados.
















TAREFA 3: UNHA MANUALIDADE TERRORÍFICA

Seguindo as instruccións dun titorial tivemos que realizar unha manualidade. Con todas elas decoramos a clase para o Samaín.
Ao rematar, escribimos os materiais que se precisan e as instruccións paso a paso.


TAREFA 4: SETE CASAS, SETE BRUXAS E UN OVO

As primeiras páxinas deste libro de Gloria Sánchez foron as que limos para traballar a comprensión escrita. Co texto, xogamos a buscar sinónimos e antónimos, a inventar finais, a pensar campos semánticos...


GRAN TRABALLO! SEGUIDE ASÍ!

No hay comentarios:

Publicar un comentario