domingo, 10 de junio de 2018

UNHA XORNADA MOI ESPECIAL

Hai uns día nos comunicaron que fomos gañadores do premio do xurado do concurso de vídeos Creando Rural, no que participamos varias aulas do cole.

Este foi o vídeo que prensentamos, por se aínda hai alguén que non o viu  :)



O premio consistíu nunha excursión dun día compeleto a Fervenzaventura, un parque multiaventura situado moi preto de Silleda.

A verdade que estivemos toda a semana desexando que chegara o día... E non nos defraudou!

Aprendemos a disparar con arco, escalamos unha parede vertical nun rocódromo, tirámonos por unha tirolina, xogamos no bosque a distintos xogos tradicionais... 

Temos que dicir que foi para todos unha xornada moi especial na que gozamos de estar xuntos e da natureza!


No hay comentarios:

Publicar un comentario