jueves, 6 de abril de 2017

UNHA SAÍDA MOI COMPLETA

Esta semana está dando para moito!
O luns, traballo cooperativo cos afillados; o martes, xornada de educación vial; e hoxe... excursión!

Primeiro fomos visitar a planta embotelladora de auga de AGUASANA, onde José Luis nos explicou todos e cada un dos procesos que se realizan na fábrica para obter as botellas que mercamos no supermercado.

Ás portas da fábrica, felices de estar de excursión.

Vimos as máquinas que dan forma ás botellas (con calor e aire a presión); despois observamos como se enchían de auga e como se colocaba o tapón; a continuación o etiquetado; e finalmente o empaquetado para o seu transporte.
Moi atentos a todo o que nos contaban...

Gustounos moito polo amables que foron, por todo o que aprendemos e porque non todos os días un ten que poñerse un traxe especial para entrar nun lugar especial ;)

Déronnos un traxe para entrar (pois é un lugar no que hai que extremar a hixiene).

Tras a visita, fomos a Praia América. Alí merendamos, recollimos lixo e gozamos da auga e da area. Encántanos pasar estes ratos xuntos!







No hay comentarios:

Publicar un comentario