domingo, 29 de octubre de 2017

MEIRANDE

     "Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande"

     O venres visitamos o Museo Meirande en Redondela. 
     Está situado na antiga Fábrica do Alemán, unha construción de comezos do século XX adicada á salgadura e logo á conserveira.
     Este centro amosa a riqueza histórica, artística, cultural e paisaxística da zona e ofrécenos unha viaxe ao pasado.
     Nas instalacións quedan restos da maquinaria empregada na industria conserveira daquela época e os lugares para a salgadura. Tamén se poden visitar a sala das máquinas de vapor que producían a electricidade.
     Noutra das salas visualizamos a "Batalla de Rande", 23 de outubro de 1702, onde se enfrontaron a escuadra anglo-holandesa e a hispano-francesa. Estes últimos intentando protexer o cargamento dos galeóns españoles que procedían de América con ouro, prata e outras valiosas mercadorías.
     Visitamos á bodega dun galeón e puidemos ver os produtos que  traían de América: patacas, millo, tintes para roupa, lingotes de prata ...
     Tamén hai maquetas das embarcacións que participaron na batalla, canóns, instrumentos de navegación, traxes para  mergullarse ...


     Museo Meirande en Redondela


     


No hay comentarios:

Publicar un comentario