Isto é un non parar! Onte á montaña e hoxe ao teatro e á praia! Así estamos de cansos...
Hoxe pola mañá fomos a Vigo, ao teatro de Afundación, para ver a obra teatral de Iñaki Rikarte titulada Pulgarcito.
Tan só dous actores deron vida a unha historia chea de emocións na que, a través do conto clásico do pequeno Pulgarcito, fixéronos reflexionar sobre o abandono das persoas maiores en residencias...
Ao rematar, e aproveitando o marabilloso día de sol que nos brindou este mes de novembro, fomos merendar á praia. Que ben o pasamos na area e metendo o pés na auga fresquiña do Atlántico!
No hay comentarios:
Publicar un comentario