miércoles, 16 de noviembre de 2016

UN MAGOSTO MÁIS NO MONTE GALIÑEIRO

Encántanos esta excursión! Agardamos con ganas por ela dende que comeza o curso... por iso de ser a primeira e porque lle temos un cariño moi especial a este Monte Galiñeiro que vive preto de nós. 


Tanto os alumnos de 3º coma os de 4º subimos camiñando, pois un pouquiño de exercicio para comezar a mañá sempre é bo. 


Esta vez variamos un chisco o percorrido habitual para visitar a Igrexa románica de Santa Mariña e coñecer un pouco máis o patrimonio que temos preto.


Fomos tamén observando a fermosa vida das beiras da senda: flores de todas as cores, fentos, musgo, piñeiros e eucaliptos, alghuna que outra seta...




Ao chegar arriba, como é costume, adicámonos a facer cabanas, asar castañas, merendar cos compañeiros, correr e xogar libres... Dá gusto ver o felices que somos ao aire libre.



Chagamos extenuados ao cole, pero pagou a pena!
Aquí vos deixamos unhas fotos de todos...




No hay comentarios:

Publicar un comentario