Chegou o verán! Lembrade ler un pouquiño todos os días e gozar das vacacións!
Premer na imaxe para acceder aos xogos e actividades en liña!
Chegou o verán! Lembrade ler un pouquiño todos os días e gozar das vacacións!
Premer na imaxe para acceder aos xogos e actividades en liña!
E... rematamos este curso tan atípico cunha excursión ao Monte Galiñeiro. Que ben o pasamos!
Construímos cabanas e xogamos libremente, sempre dentro do espazo reservado para cada grupo burbulla.
Estivemos a traballar a Prehistoria: buscamos e ordenamos a información e os acontecementos, realizamos un taller de creación e representamos esa etapa tan importante na historia da humanidade.
Traballamos moito e gústanos moito ler! Sabemos que a lectura axuda a madurar, a imaxinar, a gozar , a medrar ... E, este curso o/a alumno/a máis lector/a do centro é do grupo de terceiro!
Noraboa Xonxa e que sigas con este bo costume!
Creamos agasallos para os nosos afillados lectores! Obsequios que elaboramos con ilusión para ver o sorriso na cariña deste agarimoso grupo de 3 anos. Desexámoslle un bo verán e esperamos que á volta poidamos abrazarnos!
Este martes gozamos dunha Xornada de Xogos Populares no centro. Lembramos os momentos de lecer dos nosos maiores, nenos e nenas noutros tempos, que con moita imaxinación non deixaron de xogar e gozar con enredos "feitos na casa".
Día de lecer en Baiona!
Este mércores fixemos un percorrido pola Baiona monumental: estatua de Pinzón, Encontro entre dous mundos ... Carabela Pinta ... andaina arredor do Parador e Paseo Marítimo.
E xogamos no parque de lecer da Palma. Que ben o pasamos!
Todos os anos celebramos o Día do Medio ambiente plantando unha árbore e logo rematamos recollendo o lixo do patio. Este curso está a ser especial e mudaron algúns dos costumes.
O alumnado de 3 anos, axudados polos Padriños lectores, baixaron ao patio para engadir ao listado de árbores do colexio unha nova especie: Ceibo, orixinaria de Sudamérica.
Que gran privilexio ter invitación para visitar a Exposición de pintura realizada polo alumnado do 3º ciclo.
Primeiro tivemos que descifrar a mensaxe que nos enviaron nunha carta. A seguir, preparamos os cartiños, xa que a entrada custaba 1,99 €, e con moita ilusión iniciamos a visita.
Os alumn@s de 5º P organizaron moi ben a actividade: vender as entradas, aplicar o xel hidroalcólico, dar instrucións para a visita e informar en todo momento sobre as creacións e as dúbidas que foron xurdindo. Prepararon uns retos sobre a temática das obras e os seus títulos.
Premer na imaxe para visualizar a montaxe!
E para poñer a guinda á nosa celebración da Semana das Letras Galegas, a profe Elena coa colaboración de Davide González, agasallounos cun espectacular concerto.
Letras Galegas 2021
Na páxina web do cole podemos visualizar o Festival das Letras Galegas 2021!
"A vida é un océano de versos"
Padriños e afillados lectores na procura dos ovos de chocolate!
Non era moi doado! Tiñan que seguir unhas instrucións e interpretar as indicacións dun plano realizado polos padriños para atopar, no patio de infantil, o tesouriño agochado.
Estes días non só estivemos a plantar leitugas, tomates e acelgas no horto senón tamén plantas aromáticas e ornamentais no patio, na entrada principal e nos bloques de acceso ao centro.
Preparamos a terra, arrincamos as malas herbas, engadimos fertilizante e plantamos gromos e aromáticas que mercamos e outras que trouxemos da casa.
O día 8 de marzo, como todos os anos, realizamos algún acto en relación con esta data. Traballamos aspectos relacionados coa Muller e investigamos sobre a vida de moitas pioneiras que destacaron no mundo das letras, da música, do cine, da investigación ... Tamén averiguamos os atrancos que moitas delas tiveron que superar para chegar a ser recoñecidas polo seu traballo.
Aquí amosamos algúns dos carteis que realizamos nas aulas. Ánimo a todas!
Esta semana tivemos unha xuntanza cos nosos afillados lectores. Que emoción! Estivemos no patio de cole ao solciño e aproveitamos para entregarlles uns agasallos feitos por nós e algún contiño ou poema creado para estes afillados especiais.
Desexamos volver a xuntarnos á volta das vacacións para realizar máis actividades.
Esta semana recibimos unha invitación da Comunidade de Montes do Galiñeiro para ir plantar especies autóctonas na zona de Auga da Laxe.
Os grupos que participamos na actividade fomos 2º, 3º e 4º de Primaria. O alumado do segundo ciclo subimos e baixamos camiñando, e meduda camiñada! Os máis pequenos desprazáronse en autobús.
Ao chegar recibimos unha explicación sobre a riqueza do monte e a necesidade de coidalo. A seguir plantamos as árbores e rematamos recollendo as ferramentas e os testos de plástico.
Merendamos en Auga da Laxe e de volta ao cole!
O día 24 de febreiro festexamos o aniversario de Rosalía de Castro. Esta semana recitamos poemas da escritora galega e afondamos un pouquiño na súa vida.
Rosalía escribía fermosos poemas adicados a súa Galicia!