E para rematar nada mellor que unha excursión ao monte, xogar ao aire libre, camiñar por sendas e costas, merendar xunt@s, facer cabanas ... e desfrutar dun merecido verán!
E para rematar nada mellor que unha excursión ao monte, xogar ao aire libre, camiñar por sendas e costas, merendar xunt@s, facer cabanas ... e desfrutar dun merecido verán!
Mañá iremos ao Monte Galiñeiro e queremos que sexa unha xornada de festa, camiñada, merenda, cabanas, risas, esforzos ... Pero non imos esquecer que o noso compañeiro Simón e o profe Kiko van iniciar o curso noutro cole, noutro lugar e con nov@s compañeir@s. Imos desexarlle moita sorte e que nos visiten de vez en cando. Ánimo!
Que bonito engadir nun espectáculo música e luz! Impresionante e relaxante! O profe Kiko organizou unha actuación de luz de cores e música para gozar e relaxarse dun xeito especial. Gustounos moito e fixémolo moi ben!
O venres pasado participamos nun" Obradoiro de reprogramación" da man da profe Anita. Realizamos actividades moi interesantes e estivemos moi atentos. Empregamos distintas tecnoloxías e fixemos xogos diversos.
Hoxe baixamos á horta e recoller a colleita de leitugas e preparamos uns roliños de primavera. A receita é moi sinxela, só temos que lavar ben as follas das leitugas e logo engadimos o queixo e o xamón ou pavo. Estaban moi ricos!
O venres asistimos a un espectáculo de escenificación musicalizado da man de "Brais das Hortas".
Pasámolo moi ben e foi moi inxenioso na súa actuación. A letra das cancións era sobre a horta e as tarefas relacionadas co agro. Ao final meteu a cabeza no váter e salpicou ao público.
Este curso 2022/23 realizamos os nosos proxectos arredor do tema anual “O MEU LUGAR NO MUNDO” e fomos quen de investigar, experimentar e tomar conciencia de realidades como a xeografía e as culturas do mundo, o medio ambiente, lugares con encanto, o noso planeta …
O luns, 5 de xuño, celebramos o Día do Medio Ambiente. Foi un día especial, as afilladas e os afillados lectores de 3 anos, coa axuda dos padriños e das madriñas de terceiro, plantamos unha árbore froiteira no patio do colexio. Este ano a árbore que plantamos foi un aguacate, orixinaria de América Central que dá uns froitos con casca verde e polpa moi nutritiva e aceitosa que son moi ricos en ensalada.
O alumnado do centro realizou unha recollida de lixo no patio do colexio e ao finalizar viñeron ver a árbore que plantaron os nenos e as nenas de 3 anos.
Despois de buscar información en Internet, xornais e na páxina do Cuvi preparamos unhas preguntas para entrevistar a Belén Riveiro, unha investigadora da Universidade de Vigo.
Puidemos coñecer a importancia que ten o seu traballo, a necesidade de investigar para solucionar e mellorar moitos dos problemas que temos na actualidade e ás actividades que tivo que renunciar para poder dedeicarse á investigación.
Estamos a preparar a terra para plantar as leitugas e os tomates. Aproveitamos para arrincar as malas herbas e revisar o caracol de aromáticas. Tamén comprobamos como van medrando os amorodos ...
Hoxe plantamos algunhas hortalizas e regamos ben a terra para que non sequen. Esperemos que medren axiña!
Imos felicitar ás xogadoras e ás adestradoras do Celta de baloncesto por gañar en Vigo o domingo e clasificarse. Rapazas, sodes unhas campioas!
O Gondomar Acro Club desprazouse, en Semana Santa, a Morazarzal (Madrid) para competir con outros nove clubes de Valencia, Asturias, Madrid e Galicia.
Os resultados acadados foron excelentes e a nosa Paula recibiu unha merecida "Medalla de Prata".
Este martes foi especial! Na sesión de lectura puidemos gozar do conto "La música del mar" de Susanna Isern e Marta Chicote relatado por Belén. Non só nos escenificou o relato senón que tamén o acompañou da linguaxe de signos. A través de movementos e sinais realizados coas mans, foi quen de expresarse con e sen palabras. Ao final aplaudimos coa linguaxe de signos!
Este xoves estiveron no colexio unhas xogadoras de baloncesto do Celta de Vigo. Visitaron o noso centro grazas a Sabela que é entrenadora e quixo invitalas ao Serra-Vincios.
O alumnado do Segundo Ciclo xa tiña preparadas unhas preguntas para Sara Vidal e ao rematar a actividade, que realizaron con todos os grupos, gozamos duns momentos de entrevista coa xogadora.
O máis bonito foron as apertas e os abrazos que nos demos! Grazas a todas e biquiños!
A semana pasada estivemos traballando con rimas, versos e estrofas. Celebramos o Día da Poesía recitando a Rosalía de Castro e creamos versos inspirándonos nos afillad@s.
Este luns, no patio, recitamos as nosas creacións aos afillados e ás afilladas. Que actividade tan fermosa!
Encantáronnos os agasallos que recibimos dos nos@s afillad@s. Grazas por todo e biquiños!
Comezamos a semana cociñando e quixemos facer marmelada de kumquat. Este froito semella unhas laranxas diminutas, laranxas chinas, das que a pel é comestible. Teñen moita vitamina C xa que se trata dun cítrico como as laranxas, os limóns, os pomelos ... e son orixinarias da China.
Queremos compartir a receita con tod@s e as imaxes da tarefa. Ánimo, é moi doado!
Esta semana visitounos Wenceslao Canosa, un programador informático que nos deu unha charla sobre intelixencia artificial.
Amosounos uns programas que creou, uns xogos, aplicacións para crear imaxes ... e todo a partir de intelixencias artificiais!
Gustounos moito "Botijo", un asistente virtual que creou!
Esta semana gozamos dun espectáculo de maxia da man de Mere Clown, un pallaso que nos fixo rir e nos amosou momentos divertidos sobre a participación de tod@s na realización das tarefas domésticas.