Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2013/2014. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2013/2014. Mostrar todas las entradas

sábado, 24 de mayo de 2014

MURAIS PARA A CAMPAÑA ÁFRICA, CUESTIÓN DE VIDA, CUESTIÓN DEBIDA

Os nenos e nenas de 4º realizaron uns murais espectaculares para participar no concurso posto en marcha por REDES no marco da Campaña África, cuestión de vida, cuestión debida.
Estarán expostos no aeroporto de Vigo dende o 2 ata o 13 de xuño. Pódese votar alí mesmo!
Tamén podedes deixar os vosos comentarios e dicirnos cal vos gusta máis :)

Gracias por ser tan solidarios, chicos!


África, a música e o baile

África e o cacao

África é vida

Cuna de recursos

O mellor de África, a súa xente

Grandes recursos

África descoñecida

martes, 20 de mayo de 2014

COMO NOS GUSTA LER AOS NOSOS AFILLADOS

Ao longo de todo o curso baixamos á aula de 3 anos para ler contos aos nosos afillados. Encántanos facelo!
Este luns, fomos todos xuntos. Contar e gozar...todo é comezar!


sábado, 17 de mayo de 2014

UNHA VIAXE EN AVIÓN

Deste xeito titulábasea nosa actuación no Festival das Letras Galegas deste ano.

Entre todos, 3º e 4º, preparamos con moitas ganas unha viaxe arredor do  mundo, pasando por Exipto, India, China, Xapón, Australia, Nova Iorque, Brasil, Kenia, Italia e Galicia. Un percorrido a través de música e sombras que encantou ao público...

Todos e cada un de nós puxemos toda a carne no asador. Moitos ensaios, moitos nervios, moitos momentos de tensión... Pero ao final, pagou a pena!

Premede na imaxe para ver o vídeo e deixádenos un comentatrio se vos gustou!

Unha viaxe en avión


lunes, 28 de abril de 2014

RECEITA VIAXEIRA DE NOA

Noa foi a última en levar a Mochila viaxeira e a última en traer a súa receta, pero estaba tan rica como as demais!

Preparou na casa (e trouxo a proba) unhas madalenas con chocolate que estaban deliciosas... Chupámonos os dedos!

Aquí a tedes! Moitas gracias a toda a familia pola colaboración!



viernes, 11 de abril de 2014

CADEA DE FAVORES

Os alumnos e a profe de 4º organizaron durante este mes unha cadea de favores por todo o cole.

Aínda que non escoitarades falar nunca de tal cousa, podedes imaxinar do que se trata; de intercambiar favores uns con outros.

Esta é a nota que pasaron polas clases.


E velaquí os tedes co mural que resultou desta actividade. Que guapiños!


 A verdade é que foi unha actividade con bastantes participantes!


jueves, 10 de abril de 2014

TARTA DE QUEIXO CON ALICIA

Hoxe tivemos a sorte de contar con Alicia, a tía de Nair, para facer a receta da tarta de queixo que tanto lle gusta ao ratón Guillermo.

Como sempre, antes de cociñar limos un libro. Esta vez foi "Guillermo, un ratón de biblioteca", de Asun Balzola.

Gustounos moito, tanto coma a tarta.

Aqui vos deixamos unha montaxe coas fotos facendo a tarta!



jueves, 27 de marzo de 2014

RECETA VIAXEIRA DE TANIA

Hoxe Tania trouxo a deliciosa proba da receta que fixo na casa para o Recetario Viaxeiro.
Probamos todos a tarta de queixo. Estaba boísima!
Moitas gracias a Tania e á súa familia por compartila con nós!

Tania coa tarta que fixo na casa.

martes, 18 de marzo de 2014

COCIÑANDO CON ROSA

Despois de traballar o libro titulado ¡Vaya apetito tiene el zorrito!, fixemos a receita correspondente para o noso libro.

Esta vez veu cociñar con nós Rosa, unha amiga da profe Irene. Con ela preparamos uns deliciosos Ojos saltones. 

Que non sabedes o que son? Pois prestade moita atención! Aquí explicámolo perfectamente; premede na imaxe.

http://issuu.com/irenemj/docs/ojos_saltones

Tamén tedes aquí o vídeo das fotos. 
Premede na imaxe para velas :)


https://vimeo.com/89513194

Moitas gracias Rosa por vir cociñar con nós!


martes, 11 de marzo de 2014

VISITA AO PARADOR DE TUI

Aquí tedes a noticia escrita por Paula Estévez, de 3º, despois da visita ao Parador de Tui.

Queremos dar as gracias a todos os membros do Parador pola súa acollida, pois pasámolo fenomenal e sentímonos como en casa.

Ao premer na imaxe podedes ver o vídeo das fotos! 





viernes, 7 de marzo de 2014

ESTAMPANDO DELANTAIS

Que bonitos quedaron!

Fixádevos ben! Con dúas mazás e tres cores de pintura para tea fixemos uns delantais preciosos.

É moi sinxelo:

1º- Cortar as mazás.

2º- Preparar as pinturas (axitar) e os pinceis (un para cada cor).

3º- Decidir onde vai o estampado, as cores que queremos empregar (unha, dúas ou tres) e o número de mazás a estampar.

4º- Pintar a mazá da cor elixida, poñela sobre o delantal, presionar e despegar.

5º- Repetir as veces desexadas.

6º- Deixar secar un día e, despois, planchar.

Agora xa tes un delantal orixinal e moi chulo!


Se poñedes o rato enriba das fotos aparecerá unha lupa para ver mellor os detalles

sábado, 1 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014... CAMAREIRO!

Este ano, adicado á gastronomía, os alumnos e alumnas do 2º ciclo disfrazámonos de camareiros. 

Fixemos nós mesmos a paxariña, o chaleco, o delantal e a comidiña que levávamos nas bandeixas... canto chollamos!

Aquí vos deixamos o vídeo para que gocedes da nosa actuación e do desfile.




jueves, 27 de febrero de 2014

O MECO MANDA...

Estes días previos ao GRAN DESFILE DE ENTROIDO, o Meco deu as ordes correspondentes. E nós, ben mandadiños que somos, cumprímolas todas:

O martes, vir con tocado gastronómico.


O mércores, con mandil ou mandilón.


O xoves, cunha froita pintada na cara.


OS CHUPA CHUPS DE BISCOITO DE EVA

Hoxe Eva trouxo de volta a clase a mochila viaxeira... e viña cargada!

No recetario viaxeiro, escribiu paso a paso (e ilustrou foto a foto) como hai que facer uns ricos chupa chups de biscoito. E para comprobar o ben que saíron...trouxo a proba! Un para cada un!

Moitas gracias a Eva e á súa familia por compartir con nós esta receita. Sodes estupendos!

Eva, seguindo as ordes do Meco, coa receita e con chupa chups :)

sábado, 22 de febrero de 2014

KA & KAO, APRENDENDO SOBRE O COMERCIO XUSTO

Hoxe, os alumnos e alumnas de 2º Ciclo tivemos a sorte de participar nunha actividade organizada por REDES (Red de Entidades para el Desarrollo Solidario). 


Tratábase dun xogo da oca protagonizado por Ka & Kao, dous grans de café diferentes, pois un cultívase e distribúese seguindo as políticas do comercio xusto, e o outro non.

 
Primerio vimos unha presentación sobre as diferencias entre o un e o outro, e despois fixemos equipos para responder ás preguntas e superar as probas que Irene e Fátima nos propuñan ata chegar ao final do taboleiro.

Pasámolo moi ben e aprendemos dúas cousas moi importantes: en grupo é máis fácil e máis divertido xogar e os productos de comercio xusto respectan os dereitos dos productores.

Aquí vos deixamos o vídeo. Premeda na imaxe para velo :)

https://vimeo.com/87350329



domingo, 16 de febrero de 2014

FACENDO PASTA FRESCA CON MARÍA, A MAMÁ DE PAULA

Ao rematar o libro La niña que comía hilo, tivemos a sorte de contar na nosa cociña con María Corbacho, a nai de Paula.

Viu facer con nós pasta fresca, neste caso espaguetis.

Con 100m gramos de fariña, un ovo e algo de colorante natural (remolacha, espinacas, tomate concentrado e tinta de lura) fixemos un delicioso plato de pasta.

Aquí podedes ver o ben que o pasamos :) 
Premede na imaxe para velo!

https://vimeo.com/87348454

viernes, 14 de febrero de 2014

O BISCOITO DE PAULA

Paula Álvarez trouxo hoxe a calse a Mochila viaxeira e... unha sorpresa moi saborosa para todos!

Preparou coa súa familia un biscoito para o Recetario viaxeiro e quixo compartilo con nós.

Moitísimas gracias e... moitísimas veces!  
Estaba delicioso!   :)

Paula amosando a receta e o biscoito. Estaba delicioso!


martes, 11 de febrero de 2014

VISITA A AGUA SANA

A primeira saída deste trimestre foi a Agua Sana. Encantounos!
Estas son as impresións dos alumnos.



Debuxo de Anais, 3º

A visita a Agua Sana foi xenial. Deixáronme coa boca aberta!
Primeiro, leváronnos a un rincón onde nos deron unha bata, un gorro e un tubo pequeniño. Tan pequeniño... e acaba sendo unha botella!
Logo, vimos como ese tubo se transformaba nunha botella de litro e medio de auga. O que facían era quentar o tubo e soprarlle aire para facelo máis grande.
Despois, leváronnos a unha sala onde enchían de auga as botellas.
Ao saír da sala, leváronnos ao almacén e deixáronnos corer ata o final e voltar.
Cando voltamos nos dixeron de onde viña a auga e nos deron unha botella e un boli.

Noa, 3º






Debuxo de Tania, 3º

O martes 11 de febreiro os alumnos de 3º e 4º fomos de excursión á fñabrica de auga Agua Sana.
Alí, ensináronnos moitas cousas e dixéronnos cantas botellas de auga fabrican nun día. Nove mil!
Na fábrica había moitas máquinas. As máquinas convertían os botes de plástico en botellas para meter a auga. Outra máquina encargábase de encher as botellas, e outra encargábase de poñer as pegatinas co nome nas botellas.
Na fábrica traballan tres persoas en cada quenda, que son as encargadas de que as máquinas funcionen ben.
A excursión gustoume moito e nunca a olvidarei.


Iker, 3º




Aquí vos deixamos o vídeo!





lunes, 10 de febrero de 2014

ALMORZOS SAUDABLES

Desta vez degustamos o almorzo ingles: leite con cacao, zume de laranxa, ovos revoltos, xamón enfebrado e pan.

Despois de situar cada un destes alimentos na roda alimentaria, para saber todo o que nos aportan, puxémonos as botas!

Todo estaba delicioso! As mamás e as profes que axudaron preparárono con tanto cariño! Mil gracias!

Aquí vos deixamos as imaxes dos alumnos gozando da comida.


PAZ PARA TODOS

Os nenos e nenas de 2º Ciclo fixemos este mural para conmemorar o Día da Paz.

O resultado é froito do traballo colaborativo, pois cando facemos as tarefas xuntos, quedan mellor!

Así de bonito quedou o corredor con tantas cores!



jueves, 6 de febrero de 2014

Taller de fotografía


TALLER DE FOTOGRAFÍA

Os nenos e nenas de 3º e 5º fixemos un taller de fotografía no primeiro trimestre. Se premedes na imaxen, descubriredes a creatividade que hai no noso cole.



Chicas ! Sodes unhas artistas!
Continuaremos practicando no segundo trimestre.