sábado, 31 de diciembre de 2016

MANS CON SENTIMENTOS

Padriños e afillados traballan coas emocións!

Nesta ocasión son os padriños os responsables de realizar unha gran tarefa, nada menos que reproducir a contorna da man dos seus afillados!

Preparar o plástico adhesivo, calcar a pequena man dos afillados, asegurarse de que os dedos estean  separados, comprobar que quedaron ben, recortar a silueta debuxada, elexir unha emoción ou sentimento para escribir na manciña, buscar un lugar para fixala, separar o papel adhesivo, e ...  apegar a peza na parede. Uf!!! Quen dixo que era doado?  No entanto, que satisfacción! E,  que gran agasallo o sorriso dos afillados!


Mans con sentimentos!



No hay comentarios:

Publicar un comentario