Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2014/2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2014/2015. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de octubre de 2015

EXPLICANDO OS PASOS PARA FACER VIÑO AOS NOSOS AFILLADOS

Despois de que os nosos afillados nos convidaran a participar na vendima que organizan todos os anos, nós quixemos ter tamén un detalle con eles.
Elaboramos na clase, entre todos, un mural no que aparece paso a paso como se fai o viño e fomos á súa clase para explicarllo.


Queramos todos encantados! Nós porque fixemos de profes, e eles porque aprenderon un pouco máis para o seu proxecto.
Para rematar, vimos todos xuntos un vídeo en stop motion sobre a vendima. Foi moi divertido!

sábado, 19 de septiembre de 2015

NORMAS DA CLASE

Os primeiros días debatimos moito para establecer entre todos as normas da clase. 
Traballamos por grupos para decidir cales consideramos que son as máis importantes e, despois, fixémolas en plástica para que quedasen ben vistosas na nosa aula.
Agora temos que cumplilas porque... a boa convivencia depende de todos nós!


sábado, 20 de junio de 2015

FIN DE CURSO

Rematou outro ano e, para celebrar que chega o verán, fomos todos xuntos ao Parque Forestal de Beade para despedir o curso.
Aquñi vos deixamos unha foto de todos os nenos e nenas dos 2º cilo, encantados porque... xa están de vacacións!

Que contentos!

viernes, 5 de junio de 2015

5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O venres, día 5 de xuño, celebramos o Día do Medio Ambiente. As nenas e nenos de 3 anos plantaron unha laranxeira ao lado  da horta. A seguir fixemos unha recollida de lixo no patio e polos arredores.

                                      Laranxeira que plantaron as nenas e nenos de 3 anos.

                                    Alumn@s de 3º despois da recollida. Un saco de lixo.

                                                     Alumn@s de 4º co lixo recollido.

miércoles, 3 de junio de 2015

XORNADA DE XOGOS POPULARES

O 16 de maio fomos a Gondomar para compartir con outros coles do Val Miñor unha estupenda xornada de xogos populares.

Reunímonos no campo de fútbol, onde os alumnos de 6º do CEIP Xosé Neira ViIlas tiñan preparado todo o material para comezar, pois foron eles os monitores dos xogos.

Dividimos a mañana en dúas partes, de xeito todos pasamos por dez xogos antes de merendar e dez xogos despois de ropoñer forzas.

Fomos rotando de xogo en xogo, pasando pola ra, o marron, os sacos, a comba, o burro, as chapas, o trompo...
Pasámolo en grande! Mirade as fotos!



viernes, 22 de mayo de 2015

INVESTIGANDO SOBRE O UNIVERSO

Hoxe, os nenos e nenas de 4º expuxeron o seu traballo de investigación sobre O Universo.
Desenvolvéronse prefectamente ante os compañeiros e responderon a todas as dúbidas e preguntas sobre o tema que lles toucou.
Ademais, esta tarefa en grupo serviu para que todos aprendéramos a opinar respectando as opinións dos outros e colaborar para acadar un mellor resultado.

Aquí vos deixamos a presentación elaborada por eles. Premede na imaxe para vela:




viernes, 15 de mayo de 2015

ENCANTADAS COS PREMIOS

Un neno de 3º e tres nenas de 4º foron premiados no XX Certame Literario A Xoaniña.
Aitor e Noa levaron os premios de poesía e Aldara e Yeneba os de narrativa.
Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades o contentos que estaban :)

Aitor e Noa co premio de poesía

Aldara co primeiro premio de narrativa

Yeneba co segundo premio de narrativa

jueves, 14 de mayo de 2015

PALABRAS

Palabras foi o título da performance que puxeron sobre o escenario do colexio os alumnos de 4º no Festival das Letras Galegas. 
A verdade é que o pasamos ben preparando a actuación e... agora que vemos o ben que nos saíu, estamos encantados!

Subide o volumen e prestade moita atención porque, como ben sabedes... a nosa lingua está chea de beleza!



Tamén, da nosa clase, tocaron o piano Paula estévez, Noa e Paula Álvarez. estaban guapísimas e fixérono fenomenal!






A CAMISA DUN HOME FELIZ

Aquí vos deixamos o vídeo da actuación dos nenos de 3º, titulada A camisa dun home feliz, baseada na obra de Leon Tolstoi.
Fixérono fenomenal e divertémonos moitísimo con eles :)


lunes, 27 de abril de 2015

OBRADOIROS MEDIOAMBIENTAIS

O martes, despois do recreo, asistimos a un obradoiro mediambiental a cargo de dous naturalistas, Anxo e Damián, que viñan contratados polo Concello de Gondomar (quen patrocinou a actividade).

Primeiro, faláronnos da importancia de respectar e de coñecer o noso medio máis próximo, o río Zamáns, a través dunha presentación.

Despois, vimos algúns vídeos sobre o comportamento das especies que habitan nos ríos e nas lagoas: patos, aguias, picapeixes...

Finalmente, e isto foi o que máis nos gustou, camiñamos ata a ribeira do río e alí aprendemos a diferenciar a especies de árbores que hai pola forma das súas follas e dos seus froitos. Toda a información a anotamos no caderno de campo que eles nos proporcionaron.

Aquí vos deixamos unhas fotos desta bonita actividade!

Recibindo explicaciones para cubrir o caderno de campo

aprendendo a distinguir as árbores pola forma das súas follas

Que será o que hai dentro deste froito?


Observando as árbores da outra beira do camiño.

 Cortiza dunha sobreira.
 Bubela nos arredores do cole.

lunes, 20 de abril de 2015

DOBRADORES DE CINE!

Hoxe tivemos o pracer de contar no cole con dous grandes artistas, Suso e Manuel (de Fulano, Mengano e Citano), que viñeron traballar con nós sobre a dobraxe de voces no cine, nos debuxos animados, nas series de televisión...

Primeiro explicáronos (dun xeito moi pero que moi gracioso) a importancia que ten facer unha boa dobraxe e, despois, puxémonos mans á obra.

Dobramos ás personaxes dun capítulo de Bob Esponxa que eles prepararon. Foi tan divertido!

A verdade que esta actividade gustounos moito a todos, alumnos e profes :)


viernes, 17 de abril de 2015

VISITA A NATURNOVA

O xoves 16 de abril fomos disfrutar do museo interactivo de Naturnova, en Vigo. Alí, dividímonos en tres grupos para poder pasar por todas as salas.

A primeira sala estaba adicada ao Universo, e nela atopamos información sobre os distintos planetas, sobre o Sol, sobre as galaxias....

Na segunda sala, O planeta Terra, había distintas experiencias: a creación dun tornado, o ciclo da auga, a erosión das rochas...

Na terceira, O home e o seu medio, démonos conta do mal que o home trata a Terra e das posibilidades que temos na nosa man para coidala. 

Tamén puidemos disfrutar dunha viaxe nun simulador submariño dunha viaxe polo fondo da Ría de Vigo, coñecendo as especies de plantas e animais que alí habitan.

Aquí vos deixamos un vídeo coas fotos desta marabillosa experiencia :)


martes, 14 de abril de 2015

SEMENTANDO PEPINOS E CABAZAS

     Sementando pepinos e cabazas!

     Seguimos a traballar na horta: arrincar herbas, cubrir o invernadoiro, preparar a terra, sementar, regar ...

      E  cando nacerá o azafrán?

viernes, 10 de abril de 2015

BOTANDO UNHA MAN AOS NOSOS AFILLADOS

Coma eles aínda non saben escribir, fomos botar unha man aos nosos afillados para que puideran meter no seu globo o poema que elixiron para celebrar o Día da poesía.
A verdade é que sempre o pasamos ben con eles, encántoanos facer actividades xuntos!








jueves, 9 de abril de 2015

PORROS, DA HORTA Á MESA

Os alumnos e a profe de 4º, axudados pola nai de Tania, cociñamos unha rica purrusalda (tamén chamada crema de pobre) cos porros que plantamos en outubro e coidamos ao longo destes meses.
A verdade que esta actividade foi moi completa, pois se traballan moitos contidos e os nenos aprenden a valorar o esfrozo persoal e o traballo en grupo.

Aquí vos deixamos un vídeo con todo o proceso: plantar, coidar, recoller e cocinar.

lunes, 16 de marzo de 2015

SEMENTANDO AZAFRÁN

A semana pasada as nenas e nenos de 3º sementamos azafrán silvestre na horta.
Preparamos a terra e enterramos as sementes. Había humidade, a semana que ven iremos a regar.  Como serán as flores?   Temos que esperar!


viernes, 13 de febrero de 2015

HORTA NA CASA

No 2º ciclo, disfrazámonos de labregos e labregas neste Entrioda adicado á horta.

A verdade é que o pasamos moi ben facendo o disfraz que, por outra banda, foi moi sinxelo e orixinal. 

Unhas bolsas de papel do pan para as botas, unha bolsa de plástico azul para o peto e algún dos apeiros que se empregan nas tarefas diarias da horta: anciños, sachos, regadeiras, cestos...

Aquí vos deixamos un montaxe de vídeo coas fotos deste día tan especial.
Non temos vídeo da actuación... cousas do directo!

Non perdades detalle da letra da nosa canción!


miércoles, 11 de febrero de 2015

ALMORZOS SAUDABLES EN NIGRÁN

O día 10 de febreiro tivo lugar na Residencia de Tempo Libre de Patos (Nigrán) unha Xornada Mancomunada de Almorzos Saudables á que asistiron alumnos de Educación Primaria de varios Centros de Baiona, Nigrán e Gondomar.

Nós tivemos a sorte de ser convidados a participar cos cursos de 4º, 5º e 6º.

Esta xornada foi realizada polo alumnado traballador do Obradoiro de Emprego Terras do Miñor III, que foron os encargados de guiar aos escolares nos diferentes obradoiros que se levaron a cabo.

Os máis pequenos se converteron en xefes de cociña e elaboraron macedonias de froitas e madalenas integrais.

Logo, tras unha charla formativa sobre comidas saudables a cargo da nutricionista Gloria Pérez, degustaron todo xunto con boliños con tomate e ibérico e iogures con compota e froitos secos que prepararon para eles.


sábado, 7 de febrero de 2015

KILOS DE SOLIDARIEDADE

Hoxe recolléronnos os alimentos que estivemos recadando estes días para o Banco de alimentos de Gondomar. 
Os pequenos, axudados polos maiores, baixaron o recollido por cada aula e... mirade a cantidade de alimentos que xuntamos entre todos!
Moitas grazas as familias por colaborar tan xenerosamente nesta proposta, aportando máis alimentos dos que nun principio patrocinaron.
A nosa carreira pola Paz foi do máis solidaria :)


viernes, 30 de enero de 2015

30 DE XANEIRO, DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

Os alumnos do 2º ciclo de Primaria conmemoramos o Día Internacional da Paz traballando sobre Malala Yousafzai.
Primeiro buscamos información sobre a súa vida para escribir unha pequena biografía que vos deixamos aquí.
Premede na imaxe para lela :)


Logo, fixemos un gran mural con fotos nosas e dos profes, facendo unha homaxe á frase que ela dixo no discurso de entrega do Premio Nobel da Paz: Un neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o mundo. A educación é a única solución.

Aquí vos deixamos un videomontaxe. Seguro que vos emociona!