sábado, 31 de diciembre de 2016

CARTA AOS REIS MAGOS


       Estimadas Maxestades:

Son moitas as peticións que estamos a facer estes días, excesivas ás veces, egoístas a miúdo, interesadas en moitas ocasións, así e todo, queremos que coñezan algunhas delas e que as poidan ter en conta cando realicen a viaxe pola nosa terra.

Desexamos que todos os avós e as avoas teñan compañía estes días e que non os deixen sós, que lle envíen alimentos aos nenos e as nenas do mundo que están a pasar fame, que consigan vivir en  Paz todos os países que están en guerra, que os refuxiados sexan tratados de maneira xusta, que o meu tataravó se cure da amnesia e poida recoñecer aos seres queridos ...

E, como vostedes saben, gústannos  moito os agasallos e esperamos a súa visita dentro duns días.

                                        Apertas para os tres!!!


 P.D: Imos axudar aos afillados a escribir a carta! Temos que facer boa letra!Que responsabilidade!

E... que teñan unha boa viaxe!
     
     

No hay comentarios:

Publicar un comentario