Este luns foi moi especial: coñecemos aos nosos afillados lectores. Invitáronnos a aula de 3 anos e realizamos o sorteo entre "Padriños" e "Afillados". Iniciamos unha bonita relación que durará toda a etapa de primaria no cole e lembraremos sempre con especial agarimo.
Seremos os encargados de axudarlles cando o precisen, ler para eles, ir á horta, xogar ...
Que responsabilidade!
Premer sobre a fotografía para visualizar a montaxe!