Mostrando entradas con la etiqueta 3º e 4º Primaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3º e 4º Primaria. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de marzo de 2025

XESTIÓN DO MONTE CON GANDO EN EXTENSIVO

     O mércores, día 19 de marzo, Jose Taboada deunos unha charla sobre os animais que están no monte  e amosounos unha montaxe sobre "As razas autótonas como xeradoras de espazos resistentes ao lume".

    Explicounos a necesidade de manter o monte limpo e tratar de facelo de xeito natural con gando autóctono na Serra do Galiñeiro. Díxonos que nestes momentos hai vacas de raza cachena e cabras da terra.

    O curioso é que o pastoreo será virtual e estamos invitados a subir ao monte para ver os animais. Tamén temos que poñer o nome a un macho de cabra de cinco anos e a unha toura de raza cachena.


   


A xestión feita no monte parécenos moi importante. Só nos queda dar as grazas a Jose por o seu traballo e pola invitación a visitar as zonas dedicadas ao pastoreo.
                   


martes, 25 de enero de 2022

30 de xaneiro, Día da Paz e non Violencia!

     Aromas de harmonía e amizade! Caracol de herbas aromáticas para transmitir ledicia, amizade, empatía, tranquilidade, calma ... e unha morea de sentimentos positivos para compartir.

30 de xaneiro, Día da Paz e non Violencia! 2º Ciclo de Primaria!
Picar na imaxe para visualizar!

  Imos escoitar o conto de Susana Isern "A mellor sopa do mundo" 
Picar na imaxe para visualizar!

Pica na imaxe para bailar e xesticular ao son da canción.



sábado, 11 de diciembre de 2021

Bo Nadal!

         Estivemos a elaborar adornos para a Árbore de Nadal e queremos amosar as nosas creacións. Con sinxelos enfeites confeccionamos algo moi orixinal!!!

Bo Nadal das nen@s de 3º e 4º de Primaria!


         Tamén participamos na decoración de Nadal do Concello  e a Árbore do Serra Vincios estase a amosar no local da Policía en Gondomar. 

Árbore do Serra Vincios!


martes, 20 de abril de 2021

Decoramos con plantas

     Estes días non só estivemos a plantar leitugas, tomates e acelgas no horto senón tamén plantas aromáticas e ornamentais no patio, na entrada principal e nos bloques de acceso ao centro. 

    Preparamos a terra, arrincamos as malas herbas, engadimos fertilizante e plantamos gromos e aromáticas que mercamos e outras que trouxemos da casa.


"Decoramos o caracol de madeira con plantas aromáticas"


"Preparamos a terra, plantamos e regamos!"
Premer  AQUÍ  para visualizar a montaxe!

jueves, 4 de marzo de 2021

Plantación de frondosas na Serra do Galiñeiro

     Esta semana recibimos unha invitación da Comunidade de Montes do Galiñeiro para ir plantar especies autóctonas na zona de Auga da Laxe. 

    Os grupos que participamos na actividade fomos 2º, 3º e 4º de Primaria. O alumado do segundo ciclo subimos e baixamos camiñando, e meduda camiñada! Os máis pequenos desprazáronse en autobús.

    Ao chegar recibimos unha explicación sobre a riqueza do monte e a necesidade de coidalo. A seguir plantamos as árbores e rematamos recollendo  as ferramentas e os testos de plástico.

    Merendamos en Auga da Laxe e de volta ao cole!

Premer na imaxe para visualizar a montaxe.
Moitas grazas a Comunidade de Montes pola súa invitación!


martes, 16 de febrero de 2021

Entroido 2021

     Este curso estamos a vivir novas experiencias e as festas tradicionais mudaron un pouquiño. Así e todo, esforzámonos moito para poder seguir festexando algúns dos eventos que xa veñen sendo un costume no centro.

    Agradecemos a tod@s o esforzo realizado para que o desfile de Entroido tivera lugar un ano máis no centro.

    Aquí vos deixamos unha montaxe con algunhas das imaxes realizadas o día do evento. Na páxina do cole atoparedes os vídeos do desfile. Feliz Entroido!



Preme na imaxe para visualizar a montaxe!








miércoles, 27 de enero de 2021

Experimentos

     " Cores que se moven"

Experimento realizado con leite grosa, colorante alimentario e xabón líquido.

Preme na inaxe para visualizar o experimento!

Por que se moven as cores cando engadimos o xabón líquido?


martes, 22 de diciembre de 2020

Panxoliñas do Nadal

     Este Nadal está a ser diferente e o tradicional Festival de Panxoliñas  tivo escenarios moi distintos, patio exterior, xardín interior, aula de música ... 

    Aquí vos deixamos as nosas espectaculares actuacións, esperamos que vos gusten e que pasedes uns gratos momentos. 


Preme na imaxe para visualizar a Panxoliña de 3ºP.


Preme na imaxe para visualizar a Panxoliña de 4º P.




miércoles, 14 de octubre de 2020

Magosto na Serra do Galiñeiro

       Día de Magosto no monte e experiencia moi satisfactoria para as nenas e os nenos  que este ano, por vez primeira, subiron ao Galiñeiro camiñando. 

       O tempo permitiunos amosar a nosa creatividade e construímos "cabañas" con paus para gardar as mochilas. Cubrímoslas con fentos e pequenas pólas de piñeiros e carballos. Quedaron espectaculares!

       Este ano tivemos que xogar separados e os grupos de clase estaban en parcelas diferentes, pero uns ao lado dos outros. 

      Despois da dura andaina, merenda na panasqueira, construción de pequenas chozas con paus e degustación das castañas asadas chegou o momento de recoller e volver  ao cole.

      Que rápido pasou a mañán!  Que boas estaban as castañas!


No bosque d@s nen@s!


Empezando a tarefa!


Na nosa parcela!


Orgullos@s da nosa construción!





lunes, 1 de julio de 2019

FELIZ VERÁN

       Bo verán para tod@s!  Desfrutade as vacacións! 


Non esquezades viaxar coa imaxinación!


VIAXE A CASTRELOS

       Este ano a excursión fin de curso foi "Unha viaxe a Castrelos". Visitamos o Pazo, merendamos nos xardíns e para rematar xogamos no parque.

       O Museo Quiñones de León contén unha  colección de pintura galega e unha interesante sección de arqueoloxía. Os xardíns do Pazo son moi fermosos e merendamos nunha zona de sombra. Ao rematar fomos ao parque de lecer.

       Que ben o pasamos!


       Xardíns do Pazo de Castrelos
     

UNHA VENTÁ AO MUNDO!

       O proxecto anual deste curso resultou moi interesante. Baixo o titulo "Descubrindo Mundo" viaxamos a lugares  afastados sen deixar de visitar os tesouriños que se atopan na nosa contorna.

       Descubrimos culturas, paisaxes e civilizacións moi  importantes. E, caemos na conta de que temos todo "Un Mundo por Descubrir".


"Descubrindo Mundo"



lunes, 6 de mayo de 2019

BAIONA, VILA MARIÑEIRA


   O alumnado de 3º e 4º de primaria do Ceip Serra-Vincios, realizamos unha visita guiada, da man da Promoción turística de Valmiemprego, por a vila de Baiona.

    Visitamos o museo flotante da Carabela Pinta e coñecemos as curiosidades que rodean ao feito histórico da Arribada.

   Fixemos un percorrido pola zona marítima: Paseo de Pinzón, Praia da Concheira, Monumento de Encontro entre dous Mundos, Paseo da Ribeira, lonxa  ... e Museo da Navegación.
 
   No Museo da Navegación escoitamos o fermoso relato sobre un pirata baionés chamdo o Pirata Oliveira da man de Rosa, a súa directora.


Alumnado na Carabela Pinta



martes, 23 de abril de 2019

BOSQUE DOS NEN@S


Plantamos árbores na Serra do Galiñeiro.

   O venres, día 12 de abril, estivemos no Bosque dos nen@s repoboando unha parte de monte que resultou arrasado polos incencios e precisa da axuda de tod@s para darlle vida de novo.

   Recibimos unha invitación  dos  responsables da Comunidade de Montes para recuperar e coidar unha parte do Galiñeiro.
 
   Plantamos diferentes tipos de frondosas: carballos, acivros, pradairos ... e aproveitamos a saída para visitar os Petróglifos de Auga da Laxe.




Agradecémoslle aos reponsables da Comunidade de Montes a súa invitación e axuda desinteresada!

martes, 26 de marzo de 2019

XORNADA DE TEATRO


Bon Appétit!

    Unha mestura de teatro, música, títeres e un texto de ernredo con moito xogo de palabras.
Comedia en clave de "clown" onde tres chefs "franceses" amosáronnos os segredos da cociña galega, seguindo o libro de Álvaro Cunqueiro.

"A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo desenvolve ao longo do tempo".

 "A Cociña Galega" Álvaro Cunqueiro.



"Teatro Ghazafellos"

"Praza de Compostela" (Vigo)

martes, 5 de febrero de 2019

MINERAIS FLUORESCENTES


A fosforencia é a luminiscencia que presentan certos corpos ao seren expostos á luz ou a outras radiacións.

Comprobamos a fluorescencia dalgúns minerais baixo o efecto da luz ultravioleta.

Javier, amosounos a súa colección de rochas e minerais e puidemos observar as distintas cores que emiten.


Grazas Javier, pola túa colaboración!

martes, 6 de noviembre de 2018

APRENDENDO OS ÓSOS


        Este luns, visitounos Marta a "mamá "de Helena que traballa como matrona e sabe moitas cousas dos ósos.

       Amosounos as pezas que compoñen o esqueleto, a maioría delas reais. Tamén nos indicou os puntos de unión entre os ósos e como se forman as articulacións. Ao mesmo tempo fomos identificandoos no noso  corpo e  realizando os movementos propios das articulacións.

       Aprendemos moito vocabulario novo: silla turca, atlas, axis, agujero magno, hueso sacro... e outras curiosidades.

       Agradecemos a colaboración de Marta nesta experiencia tan enriquecedora.


"Cranio humano"



domingo, 4 de noviembre de 2018

SAMAÍN


       E chegou o Samaín! 

       Esta tradición cultural, de orixe celta, onde se celebraba o final da tempada de colleitas e o comezo dunha etapa escura é motivo de festa de transición e apertura ao outro mundo.

       Froitas de outono, cabazas con candeas, altares con ofrendas, lembranzas dos seres queridos                                                                e    Festa de medo no cole!



"Exposición de cabazas"




martes, 30 de octubre de 2018

DÍA DE MAGOSTO



     O venres, día 26 de outubro, fixemos o Magosto no Galiñeiro.



     Este ano, para as nenas e os nenos de terceiro, foi diferente. Subimos camiñando por sendeiros que hai no monte e  chegamos ao merendeiro un pouco cansos. Construímos cabanas con paus, merendamos en grupos e comemos castañas asadas.

      O magosto, festa da que gozamos todos os anos, permítenos realizar actividades en grupo, saír do cole, buscar currunchos para xogar cos compañeiros e vivir unha xornada ao aire libre.




     Que ben o pasamos!



viernes, 19 de octubre de 2018

O SISTEMA SOLAR


O noso fogar no espazo! O sistema solar!

     Nun pequeno lugar dunha galaxia chamada Vía Láctea atópase o noso Sistema Solar. O noso vello Sistema Solar con 4.568 millóns de anos. Cantos anos!  Que xira a 200.000 km/h. Que mareo!

     Grazas a un Planeta Móvil que nos ofreceron os da Obra Social "la Caixa" puidemos visualizar unha parte do Universo, o ceo das estacións e unha animación sobre unha nena que camiñaba ao revés.


Este é o noso anaquiño do Universo, con estrelas, luces de cores e puntiños de ilusión.