SABÍAS QUE... a madeira é un material flexible?
Nós averiguámolo a través dun experimento moi sinxelo. Prestade atención para poder facer isto!
Depresor antes e despois do experimento. |
Primeiro estudiamos as propiedades dos materiais e fixemos uns murais ben xeitosos.
Despois, comprobamos que esas propiedades poden variar se sometemos eses materias a algúns cambios.
A madeira, por exemplo, é un material moi resistente, pero tamén é flexible se aplicamos moita forza, a quentamos ou a metemos en auga.
Isto último foi o que fixemos nós. Prestade atención e poderedes facer unha pulseira super chula!
1º: Meter o depresor en auga e ferver durante unha hora.
2º: Dobrar o depresor pouco a pouco para metelo no vaso.
3º: Deixalo dentro do vaso 1 ou 2 días para que seque.
E xa tes a tús pulseira!
No hay comentarios:
Publicar un comentario