Hoxe fixemos un experimento moi divertido e interesante: averiguar o pH de productos que temos nos nosos fogares e que podemos utilizar como elementos dunha fórmula química.
Parece moi difícil, pero é doado de facer na casa (sempre coa supervisión dun adulto).
Precisamos: col lombarda, auga e auga destilada, limón, laranxa, pomelo, vinagre, sal, azucre, bicarbonato, quitagraxas e lixivia.
Os pasos son os seguintes:
1º - Cortar a col lombarda en anacos pequenos e cocela 10 minutos.
2º - Deixar enfriar.
3º - Preparar 10 vasos de plástico transparente e rotulalos cos nomes das substancias que van conter (un deles é para o extracto de col lombarda).
4º - Escurrir o líquido resultante de cocer a col, que é de cor morado escuro. Este extracto de col contiene cianina, que é a substancia que vai facer que os demais cambien de cor.
5º - Botar unha culleiriña de extracto de col en cada vaso e observar como cambia de cor, dependendo da acidez ou da alcalinidade dos productos.
O azucre, o sal e o bicarbonato hai que disolvelos en auga destilada.
Esta é a táboa que nos seguimos para recoñecer o pH.
O azucre, o sal e o bicarbonato hai que disolvelos en auga destilada.
Esta é a táboa que nos seguimos para recoñecer o pH.
Unha vez rematado esto, comprobamos que ao xuntar o máis ácido (limón) co máis alcalino (lixivia)... volvíase transparente! Ou que ao xuntar o vinagre co bicarbonato... BUUUM... menuda erpción!
Aquí vos deixamos o vídeo coas fotos, por se vos queda algunha dúbida!
No hay comentarios:
Publicar un comentario