miércoles, 22 de noviembre de 2017

APRENDENDO COAS ROCHAS E OS MINERAIS

A tarefa que nos tivo ocupados estes días estivo relacionada coas rochas e os minerais, pois o alumnado amosou moito interese por traballar esta materia.

A nosa primeira colección de rochas e minerais

Se alguén está interesado en realizar as actividades, podedes descargalas pinchando aquí.

As actividades propostas eran catro e, coa realización de toda elas, aumentamos os nosos conocimientos e tamén ás nosas competencias de busca, selección, elaboración e comunicación da información.


ACTIVIDAD 1: CLASIFICAR E IDENTIFICAR ROCHAS

Con esta actividade traballamos a orientación espacial nun mapa, a identifiacación de rochas por comparación e coa axuda dunha sinxela guía e a labor de clasificación (elaborando pequenas fichas das nosas piezas de colección).
Agora podemos continuar coa colección de xeito autónomo!


TAREFA 2: OS VOLCÁNS

Grazas a esta actividade traballamos todas as competencias que engloba a educación documental (buscar, seleccionar, localzar, comprender e reformular a información). 

Tiñamos que responder a unhas preguntas sobre os volcáns e as rochas volcánicas (coa información atopada na Biblioteca) e, para rematar, realizar un divertido experimento para simular unha erupción volcánica (que tiñamos que buscar no blogue e despois explicar aos nosos compañeiros).

Bibliografía empregada
Materiais para o experimento
Momento de traballo en equipo para levar a cabo a actividade

TAREFA 3: TIPOS DE ROCHAS E CÓDIGOS QR

Nesta actividade primeiro realizamos unha busca documental para coñecer a definición e os tipos de rochas e logo axudamos aos nosos compañeiros de 4º a completar o seu mural sobre as rochas e os minerais engadindo códigos QR ás pezas expostas.

Deste xeito, ampliamos a información e engadimos un elemento relacionado coas TIC para a busca de nova información.

Buscando información nos fondos da biblioteca e nos recursos do blogue

Códigos QR que completan o mural dos alumnos de 4º

TAREFA 4: EXPERIMENTANDO PARA APRENDER

Coa realización de tres experimentos (que tiñamos que buscar neste blogue) comprendemos mellor certos conceptos relacionados coa formación de rochas e minerais.

No primeiro deles aprendemos máis sobre xeodas e cristais de cuarzo, que recreamos coa axuda de borato de sodio.

Hai que cumprir todas as medidas de seguridade cando se trata de experimentar

Resultado do experimento

No segundo, visualizamos a formación de montañas e a creación de rochas metamórficas cando as placas tectónicas (feitas con plastilina) se moven sobre o manto terrestre.

No terceiro, empregamos a escala de Mohs para coñecer a dureza de distintos minerais e rochas: grafito, xeso, pizarra...

Materiais para a realización do experimento sobre a dureza dos minerais e as rochas


Para rematar a tarefa, como non podía ser doutro xeito, fixemos unha avaliación da mesma. Nós mesmo elaboramos un examen para os nosos compañeiros e, logo de realizalo, corrixímolo nós mesmo.

Logo, a profe pediunos que escribíramos unha valoración sobre as tarefas, sobre o seu traballo e sobre as nosas competencias (aprendizaxe, autonomía, traballo en grupo...).

No hay comentarios:

Publicar un comentario