viernes, 22 de abril de 2016

Experimentando na casa

A auga que non cae

Seguimos cos experimentos en familia.

 Nesta ocasión Aarón amósanos unha actividade que parece un truco de maxia, pero non é así. E xa nos explicou que a carta empregada sofre unha forza, a presión atmosférica, maior ca forza que empuxa á auga do vaso. O exceso de presión aperta a carta contra os bordos do recipiente.



Inflar un globo

 Jony tratou de inflar un globo empregando as variacións de temperatura da auga.
Neste experimento inflaron e desinflaron un globo aproveitando a relación que hai entre o volume e a temperatura dos gases.

Ao realizar a proba comprobou que segundo se vai quentando a botella con auga, o globo vai aumentando o volume. E, cando diminúe a temperatura da auga o globo desinflase. Un exemplo deste funcionamento atópase nos globos aerostáticos que se elevan cando o aire do seu interior se quenta.


Moitas grazas familias!

No hay comentarios:

Publicar un comentario