Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2018/19.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2018/19.. Mostrar todas las entradas

lunes, 1 de julio de 2019

FELIZ VERÁN

       Bo verán para tod@s!  Desfrutade as vacacións! 


Non esquezades viaxar coa imaxinación!


VIAXE A CASTRELOS

       Este ano a excursión fin de curso foi "Unha viaxe a Castrelos". Visitamos o Pazo, merendamos nos xardíns e para rematar xogamos no parque.

       O Museo Quiñones de León contén unha  colección de pintura galega e unha interesante sección de arqueoloxía. Os xardíns do Pazo son moi fermosos e merendamos nunha zona de sombra. Ao rematar fomos ao parque de lecer.

       Que ben o pasamos!


       Xardíns do Pazo de Castrelos
     

martes, 23 de abril de 2019

BOSQUE DOS NEN@S


Plantamos árbores na Serra do Galiñeiro.

   O venres, día 12 de abril, estivemos no Bosque dos nen@s repoboando unha parte de monte que resultou arrasado polos incencios e precisa da axuda de tod@s para darlle vida de novo.

   Recibimos unha invitación  dos  responsables da Comunidade de Montes para recuperar e coidar unha parte do Galiñeiro.
 
   Plantamos diferentes tipos de frondosas: carballos, acivros, pradairos ... e aproveitamos a saída para visitar os Petróglifos de Auga da Laxe.




Agradecémoslle aos reponsables da Comunidade de Montes a súa invitación e axuda desinteresada!

martes, 26 de marzo de 2019

XORNADA DE TEATRO


Bon Appétit!

    Unha mestura de teatro, música, títeres e un texto de ernredo con moito xogo de palabras.
Comedia en clave de "clown" onde tres chefs "franceses" amosáronnos os segredos da cociña galega, seguindo o libro de Álvaro Cunqueiro.

"A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo desenvolve ao longo do tempo".

 "A Cociña Galega" Álvaro Cunqueiro.



"Teatro Ghazafellos"

"Praza de Compostela" (Vigo)

martes, 5 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ


Este ano conmemoramos o día da Paz co grupo de danza Africana "Mbolo Mooye Dooléa".

Gozamos escoitando os sons de distintos instrumentos e bailando ao ritmo de músicas típicas do Senegal.


"Un momento da actuación"