martes, 23 de abril de 2019

BOSQUE DOS NEN@S


Plantamos árbores na Serra do Galiñeiro.

   O venres, día 12 de abril, estivemos no Bosque dos nen@s repoboando unha parte de monte que resultou arrasado polos incencios e precisa da axuda de tod@s para darlle vida de novo.

   Recibimos unha invitación  dos  responsables da Comunidade de Montes para recuperar e coidar unha parte do Galiñeiro.
 
   Plantamos diferentes tipos de frondosas: carballos, acivros, pradairos ... e aproveitamos a saída para visitar os Petróglifos de Auga da Laxe.




Agradecémoslle aos reponsables da Comunidade de Montes a súa invitación e axuda desinteresada!

No hay comentarios:

Publicar un comentario