Mostrando entradas con la etiqueta Actividades complementarias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades complementarias. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de octubre de 2021

Hoxe imos cociñar marmelo!

    

     Ingredientes:

   - 500 g de marmelo con pel e sen sementes

   - 500 g de azucre

   - Un limón sen pel e sen sementes

    Empezamos lavando moi ben os marmelos. A seguir cortámolos e quitámoslle as sementes.

     Pesamos o marmelo e tamén o azucre. Pelamos o limón e retiramos as sementes.

    Trituramos todos os ingredientes e cociñamos 30 minutos  a 100 ºC. Se o facemos de xeito tradicional  temos que remover constantemente para que non se pegue na tarteira. 

    Unha vez cociñado, vertémolo nunha bandexa e deixámolo arrefriar.

Preme na imaxe para visualizar a tarefa!
Que aproveite!


    


martes, 20 de abril de 2021

Decoramos con plantas

     Estes días non só estivemos a plantar leitugas, tomates e acelgas no horto senón tamén plantas aromáticas e ornamentais no patio, na entrada principal e nos bloques de acceso ao centro. 

    Preparamos a terra, arrincamos as malas herbas, engadimos fertilizante e plantamos gromos e aromáticas que mercamos e outras que trouxemos da casa.


"Decoramos o caracol de madeira con plantas aromáticas"


"Preparamos a terra, plantamos e regamos!"
Premer  AQUÍ  para visualizar a montaxe!

martes, 16 de febrero de 2021

Entroido 2021

     Este curso estamos a vivir novas experiencias e as festas tradicionais mudaron un pouquiño. Así e todo, esforzámonos moito para poder seguir festexando algúns dos eventos que xa veñen sendo un costume no centro.

    Agradecemos a tod@s o esforzo realizado para que o desfile de Entroido tivera lugar un ano máis no centro.

    Aquí vos deixamos unha montaxe con algunhas das imaxes realizadas o día do evento. Na páxina do cole atoparedes os vídeos do desfile. Feliz Entroido!



Preme na imaxe para visualizar a montaxe!








sábado, 30 de enero de 2021

Día da Paz

     O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e de  paz.

    Este curso seguimos a vivir a pandemia que invade todo o planeta e grazas ao cole conseguimos esquecer esta dura realidade a través de actividades e rutinas que axudan a vivir outro día a día. A imaxinación e o desexo de voltar ás dinámicas de antes fan da nosa realidade un lugar máis agarimoso e cheo de ilusión.

    O equipo de actividades complementarias propúxonos a lectura e o visionado do conto "El hombrecillo de papel". E así foi como, por grupos, despois de ler o conto na aula, decoramos "Homiños de papel" para engadilos ao mural do patio cuberto.  

Enchemos os homiños de cor e de palabras fermosas!

"Démoslle vida as imaxes e mudamos ...

...  palabras violentas por agarimosas!

O Equipo da Biblioteca preparou un conto moi lindo para este día tan especial, podemos visualizalo no blogue de Librincios ou premendo na imaxe. 

Grazas por este agasallo tan bonito!




miércoles, 25 de noviembre de 2020

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

     Traballamos en prol da igualdade e rexeitamos todo tipo de violencia!

         Esta semana decoramos unhas mans con palabras e lemas sobre a Non a violencia de xénero.
        Lembramos o conto de Adela Turín, "Arturo y Clementina", onde se combaten estereotipos e se denuncia a discriminación entre a parella de tartarugas.
        Tamén apoiamos o lema creado polo alumnado do terceiro ciclo que invita ás bolboretas a saír da gaiola. Que fermoso!
                                                        As bolboretas saen da gaiola!

Liberdade para voar!

Non á violencia de xénero!

Stop violencia!

viernes, 30 de octubre de 2020

O Samaín

      Este venres, 30 de outubro, celebramos a Festa do Samaín. Festa de orixe Celta que marcaba a finalización do tempo da colleita e o inicio da estación escura. Esta data representaba o inicio do ano novo celta e as lembranzas aos mortos.

      No cole fixemos exposicións coas cabazas decoradas polas familias e coas cestas do outono. Quedaron moi lindas, pese a non poder amosalas todas xuntas nin  acender as velas dentro dos calacús. 


Exposición de cestas e de cabazas do 2º ciclo.


"Vestidos para a ocasión"


"Amosando a cara máis terrorífica"


                                                         "Samaín en grupos reducidos"


"Samaín 2020"

Rematamos a xornada coa inauguración virtual da biblioteca da man dos alumn@s do 3º Ciclo. Premede aquí se queredes visualizar de novo a presentación e a recollida das "Mochilas Viaxeiras" que retomarán a súa andaina para as familias que non as tiveron nas súas casas o curso pasado.
Parabéns para os agasallados, Daniela Vila e Teo, nos retos e no concurso. Ánimo e a participar nas vindeiras propostas!


miércoles, 14 de octubre de 2020

Magosto na Serra do Galiñeiro

       Día de Magosto no monte e experiencia moi satisfactoria para as nenas e os nenos  que este ano, por vez primeira, subiron ao Galiñeiro camiñando. 

       O tempo permitiunos amosar a nosa creatividade e construímos "cabañas" con paus para gardar as mochilas. Cubrímoslas con fentos e pequenas pólas de piñeiros e carballos. Quedaron espectaculares!

       Este ano tivemos que xogar separados e os grupos de clase estaban en parcelas diferentes, pero uns ao lado dos outros. 

      Despois da dura andaina, merenda na panasqueira, construción de pequenas chozas con paus e degustación das castañas asadas chegou o momento de recoller e volver  ao cole.

      Que rápido pasou a mañán!  Que boas estaban as castañas!


No bosque d@s nen@s!


Empezando a tarefa!


Na nosa parcela!


Orgullos@s da nosa construción!





sábado, 28 de marzo de 2020

Repoboando na Serra do Galiñeiro


      Estas imaxes amosan ao noso alumnado realizando tarefas de repoboación no Galiñeiro. Nesta ocasión  foi nunha zona próxima ao "Bosque dos Nen@s".

      Plantáronse frondosas, unhas de folla peremne e outras de folla caduca. Os traballadores da Comunidade de Montes de Vincios dirixiron a actividade e nos informaron sobre as especies máis apropiadas para recuperar o bosque.


   

Grazas por todo!


lunes, 23 de marzo de 2020

FAUNA DA SERRA DO GALIÑEIRO


     Ola a tod@s!

     Lembrádesvos das píntegas que atopamos no Galiñeiro o día da Plantación?
     Pois ben, aquí vos deixo unha imaxe para que fagades unha descrición destes animais.
     Recordade que as píntegas son anfibios e …



Aproveitamos para agradecerlles ás persoas que traballan na Comunidade de Montes 

o seu labor desinteresado e as atencións recibidas.


lunes, 10 de febrero de 2020

APÚNTATE Á COMPOSTAXE



     O mércores, dous técnicos do "Plan Revitaliza", déronnos unha charla sobre a compostaxe.

     Faláronnos dos beneficios de colaborar nunha mellora ambiental e o mellor xeito de transformar os restos orgánicos, restos de alimentos e vexetais, nun fertilizante natural.

     Unha das tarefas que realizamos foi a montaxe dun composteiro. Así poderemos obter un fertilizante  para o noso horto a partir de biorresiduos e materiais secos que funcionan como estruturante.

     Iso si, teremos que esperar un tempo, pode que seis meses, antes de poder empregar o cómpost.



Xa temos un novo composteiro!




viernes, 11 de octubre de 2019

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA!

     Este venres a Biblioteca do Serra-Vincios abriu as portas ao novo curso escolar 2019/20.

     O evento estivo amenizado polos distintos grupos de alumnos, que interpretaron retallos de cancións de coñecidas películas que cativan os sentidos.
   
     Os alumnos de 3º e 4º de primaria  tarareamos as cancións  "Ay ho" de Brancaneves e " No fondo do mar" da Sereíña, respectivamente.

     Os nenos e as nenas de 2º curso interpretaron a sintonía de Librincios " Abre as portas".

     Tamén se presentou o Proxecto anual do centro,  este ano relacionado coa música, baixo o título  "Do, Re, Mi, bailamos porque sí".

     

Pensamos que vai ser interesante!