Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2018/19. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2018/19. Mostrar todas las entradas

lunes, 1 de julio de 2019

UNHA VENTÁ AO MUNDO!

       O proxecto anual deste curso resultou moi interesante. Baixo o titulo "Descubrindo Mundo" viaxamos a lugares  afastados sen deixar de visitar os tesouriños que se atopan na nosa contorna.

       Descubrimos culturas, paisaxes e civilizacións moi  importantes. E, caemos na conta de que temos todo "Un Mundo por Descubrir".


"Descubrindo Mundo"



domingo, 9 de junio de 2019

XOGOS POPULARES VAL MIÑOR


   Este venres celebrouse no campo das Cercas de Gondomar a VIII edición da Xornada Escolar de Xogos Tradicionais e Populares do Val Miñor, resultando un éxito de participación e convivencia entre o alumnado de 4º de Primaria dos centros educativos da comarca miñorana.

   Un total de 315 alumnos/as compartiron unha mañá de xogos: peóns, rá, mariolas/cacho, canicas, chaves, goma, lombas, marro, pano, texo, carreira de sacos, aros, zancos, chapas ...

   Esta actividade non só permite a socialización a través do xogo, senón tamén o fomento da creatividade, curiosidade ... tendo como fío conductor os xogos cos que medraron en experiencias os nosos avós, e que a día de hoxe, foron substituídos pola tecnoloxía do entretemento.

"Ben polos Xogos Populares"



lunes, 6 de mayo de 2019

BAIONA, VILA MARIÑEIRA


   O alumnado de 3º e 4º de primaria do Ceip Serra-Vincios, realizamos unha visita guiada, da man da Promoción turística de Valmiemprego, por a vila de Baiona.

    Visitamos o museo flotante da Carabela Pinta e coñecemos as curiosidades que rodean ao feito histórico da Arribada.

   Fixemos un percorrido pola zona marítima: Paseo de Pinzón, Praia da Concheira, Monumento de Encontro entre dous Mundos, Paseo da Ribeira, lonxa  ... e Museo da Navegación.
 
   No Museo da Navegación escoitamos o fermoso relato sobre un pirata baionés chamdo o Pirata Oliveira da man de Rosa, a súa directora.


Alumnado na Carabela Pinta



miércoles, 28 de noviembre de 2018

XOGOS POPULARES


       O martes tivemos unha Xornada de Xogos Populares e Tradicionais no colexio.
     
       Formamos grupos con nenos e nenas de diferentes cursos e practicamos os xogos dos nosos avós e das nosas avoas. Que interesante!

       Xogamos á Mariola, ao sete e medio, ao tres en raia, aos castelos de carozos, á ra, ao pano, saltamos á corda ...

       Algúns dos maiores explicaron as normas dalgúns xogos e axudaron aos máis pequenos a saltar, a contar, a tirar as chapas ...

       Non só resultou unha xornada de convivencia entre o alumnado dos distintos grupos, senón tamén unha actividade lúdica que nos permitiu xogar do mesmo xeito que o facían os avós e as avoas.

     
Que ben o pasamos!






martes, 6 de noviembre de 2018

APRENDENDO OS ÓSOS


        Este luns, visitounos Marta a "mamá "de Helena que traballa como matrona e sabe moitas cousas dos ósos.

       Amosounos as pezas que compoñen o esqueleto, a maioría delas reais. Tamén nos indicou os puntos de unión entre os ósos e como se forman as articulacións. Ao mesmo tempo fomos identificandoos no noso  corpo e  realizando os movementos propios das articulacións.

       Aprendemos moito vocabulario novo: silla turca, atlas, axis, agujero magno, hueso sacro... e outras curiosidades.

       Agradecemos a colaboración de Marta nesta experiencia tan enriquecedora.


"Cranio humano"



domingo, 4 de noviembre de 2018

SAMAÍN


       E chegou o Samaín! 

       Esta tradición cultural, de orixe celta, onde se celebraba o final da tempada de colleitas e o comezo dunha etapa escura é motivo de festa de transición e apertura ao outro mundo.

       Froitas de outono, cabazas con candeas, altares con ofrendas, lembranzas dos seres queridos                                                                e    Festa de medo no cole!



"Exposición de cabazas"




martes, 30 de octubre de 2018

DÍA DE MAGOSTO



     O venres, día 26 de outubro, fixemos o Magosto no Galiñeiro.



     Este ano, para as nenas e os nenos de terceiro, foi diferente. Subimos camiñando por sendeiros que hai no monte e  chegamos ao merendeiro un pouco cansos. Construímos cabanas con paus, merendamos en grupos e comemos castañas asadas.

      O magosto, festa da que gozamos todos os anos, permítenos realizar actividades en grupo, saír do cole, buscar currunchos para xogar cos compañeiros e vivir unha xornada ao aire libre.




     Que ben o pasamos!



viernes, 19 de octubre de 2018

ELIMINCIÓN DE EUCALIPTOS


"Xornada de traballo na Serra do Galiñeiro"

     Esta semana o alumnado do Ceip Serra-Vincios dedicamos unha xornada a loita contra unha gran invasora dos nosos montes e espazos naturais. Estivemos arrancando eucaliptos na Serra do Galiñeiro.
     Os responsables da Comunidade de Montes solicitaron axuda para loitar contra esta especie que está a invadir unha gran superficie no monte.

     Foi un día moi interesante!
     Camiñamos ata chegar á panasqueira onde un representante da Comunidade   nos indicou o lugar máis axeitado para arrancar os eucaliptos.
     Levamos guantes, calzado cómodo e mochilas con auga e merenda. Fixemos montóns cos eucaliptos que arrancamos e pensamos que hai que seguir eliminando esta praga que impide o crecemento de especies autóctonas como carballos, castiñeiros ...
 
     Merendamos na panasqueira, bebemos na fonte e xogamos polos arredores. Sentímonos moi ben!
 
     Só nos queda darlle as grazas aos responsables da Comunidade de Montes por ter en conta a nosa axuda e polas tarefas que realizan en defensa dos nosos montes.


Arrancando eucaliptos na Serra do Galiñeiro.





O SISTEMA SOLAR


O noso fogar no espazo! O sistema solar!

     Nun pequeno lugar dunha galaxia chamada Vía Láctea atópase o noso Sistema Solar. O noso vello Sistema Solar con 4.568 millóns de anos. Cantos anos!  Que xira a 200.000 km/h. Que mareo!

     Grazas a un Planeta Móvil que nos ofreceron os da Obra Social "la Caixa" puidemos visualizar unha parte do Universo, o ceo das estacións e unha animación sobre unha nena que camiñaba ao revés.


Este é o noso anaquiño do Universo, con estrelas, luces de cores e puntiños de ilusión.

domingo, 7 de octubre de 2018

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR!


     Imos comezar unha nova andaina na que temos moito por descubrir!
   
     Viviremos novas experiencias!  Traballaremos en equipo!

     E ... baixo o título "Descubrindo Mundo" iremos achegando vivencias e experiencias a ese día a día que nos fará medrar como persoas.


Ánimo! Temos moito por descubrir!


Xa estamos en 4º curso!


Xa estamos en 3º curso!