martes, 30 de octubre de 2018

DÍA DE MAGOSTO



     O venres, día 26 de outubro, fixemos o Magosto no Galiñeiro.



     Este ano, para as nenas e os nenos de terceiro, foi diferente. Subimos camiñando por sendeiros que hai no monte e  chegamos ao merendeiro un pouco cansos. Construímos cabanas con paus, merendamos en grupos e comemos castañas asadas.

      O magosto, festa da que gozamos todos os anos, permítenos realizar actividades en grupo, saír do cole, buscar currunchos para xogar cos compañeiros e vivir unha xornada ao aire libre.




     Que ben o pasamos!



No hay comentarios:

Publicar un comentario