Samaín, Día das Cabazas, disfraces terroríficos, cestas de outono ... toda unha tradición a que lle imos engadindo vivencias e novas experiencias. Sen esquecer que moitas lendas teñen que ver co máis aló e a imaxinación fará que sexan arrepiantes ou aterrorizantes.
viernes, 14 de noviembre de 2025
SAMAÍN
miércoles, 30 de octubre de 2024
O SAMAÍN
Como tódolos anos festexamos O Samaín, con cestas, cabazas e disfrazamos a realidade amosando os medos. As familias participan coa elaboración das cestas e coa decoración das cabazas.
Este ano gozamos dun contacontos fantástico, visitamos a exposición das cabazas e cestas de Outono.
martes, 1 de noviembre de 2022
SAMAÍN 2022
Este ano xa tivemos un Samaín de poder estar tod@s xunt@s!!!
O medo foi compartido entre tod@s!!!
viernes, 30 de octubre de 2020
O Samaín
Este venres, 30 de outubro, celebramos a Festa do Samaín. Festa de orixe Celta que marcaba a finalización do tempo da colleita e o inicio da estación escura. Esta data representaba o inicio do ano novo celta e as lembranzas aos mortos.
No cole fixemos exposicións coas cabazas decoradas polas familias e coas cestas do outono. Quedaron moi lindas, pese a non poder amosalas todas xuntas nin acender as velas dentro dos calacús.
Exposición de cestas e de cabazas do 2º ciclo.
lunes, 4 de noviembre de 2019
SAMAÍN
E… outro Samaín!
Este curso con "Túnel do medo" moito máis grande. As cabazas lembráronnos, unha vez máis, o significado desta tradición na que celebramos a fin da tempada de colleitas e o comezo da estación escura. Sen esquecer que é unha festa de apertura ao outro mundo.
domingo, 4 de noviembre de 2018
SAMAÍN
E chegou o Samaín!
Esta tradición cultural, de orixe celta, onde se celebraba o final da tempada de colleitas e o comezo dunha etapa escura é motivo de festa de transición e apertura ao outro mundo.
Froitas de outono, cabazas con candeas, altares con ofrendas, lembranzas dos seres queridos e Festa de medo no cole!




