Este curso estamos a vivir novas experiencias e as festas tradicionais mudaron un pouquiño. Así e todo, esforzámonos moito para poder seguir festexando algúns dos eventos que xa veñen sendo un costume no centro.
Agradecemos a tod@s o esforzo realizado para que o desfile de Entroido tivera lugar un ano máis no centro.
Aquí vos deixamos unha montaxe con algunhas das imaxes realizadas o día do evento. Na páxina do cole atoparedes os vídeos do desfile. Feliz Entroido!
Preme na imaxe para visualizar a montaxe!