Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2023/24. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2023/24. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de junio de 2024

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

  O venres, día 21 de xuño fomos de excursión! Estivemos en Baiona e ademais de percorrer os arredores do Parador, xogamos no parque e nas pistas deportivas, merendamos, metemos os pés na auga e rematamos cuns xeados na praia.

Pasámolo moi ben! Feliz verán!




miércoles, 19 de junio de 2024

CONTACONTOS DE MARÍA PONTRAGHA

    Asistimos a unha contada de historias de María Pontragha e resultou moi interesante!


martes, 18 de junio de 2024

STOP MOTION

 "OS ANIMAIS DO COMPOSTEIRO ESTÁN PREOCUPADOS!"

O alumnado de 4ºEP creou esta animación a partir da adaptación do conto de Mª del Rosario Pita, "Quen pode vencer o vento?"

Deixámola aquí para que a poidades desfrutar!

Premer na imaxe para visualizar a animación!

                                                      

 

jueves, 6 de junio de 2024

PROXECTO APICULTURA E MEDIO AMBIENTE

     Hoxe visualizamos en vivo e en directo a vida das abellas dentro dunha colmea grazas aos pais de Anxo e Diego de primeiro curso. Amosáronnos os utensilios que empregan para limpar a colmea, retirar o mel e cuidar das abellas. Resultou moi interesante!

Moitas grazas por compartir con nós esta información sobre as abellas! Unha aperta!

miércoles, 5 de junio de 2024

5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE

     Hoxe celebramos o Día do Medio Ambiente plantando na horta e limpando de herbas o caracol de aromáticas. Ao final regamos ben a terra e recollemos restos de plástico que había entre a maleza.

Sempre estaremos dispostos a axudar e a protexer a natureza!


jueves, 30 de mayo de 2024

CONCERTO DE GOLFIÑOS

     Hoxe gozamos dun espectacular concerto do grupo "Golfiños" onde a profe Elena canta, escenifica e ameniza con outros músicos unha serie de cancións  e foi quen de facernos  pasar uns momentos moi gratos. Todo un luxo ter no cole a "Golfiños".

Moitas grazas e apertas de tod@s nós!


miércoles, 29 de mayo de 2024

VISITA AO RÍO ZAMÁNS

     Este luns fixemos un percorrido polos arredores do Río Zamáns ao seu paso por Vincios. Aproveitamos a saída para coñecer plantas, arbustos e árbores que medran na ribeira do Zamáns. Tamén puidemos ver uns muíños en ruínas e unhas pontes de pedra.

    Merendamos no monte, recollemos herbas e follas para prensar e fixemos un herbario con vexetación da zona do río. Tamén observamos esporas nas follas dos fentos.



jueves, 23 de mayo de 2024

XOGOS POPULARES VAL MIÑOR

     Hoxe o alumnado de 4º curso do Val Miñor tivemos unha xornada escolar de xogos populares no complexo deportivo de As Cercas en Gondomar. 

Premer na imaxe para visualizar o evento!





miércoles, 22 de mayo de 2024

OBRADOIRO DE XOGUETES SONOROS

     O martes iniciamos a semana cunha actividade de creación de xoguetes sonoros. Con distintos materiais fixemos instrumentos que emitían sons.

    Puidemos comprobar a sonoridade dos obxectos que nos rodean e engadirlle algún elemento estético. Resultou moi interesante!


Xa podemos crear xoguetes sonoros!


viernes, 17 de mayo de 2024

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

     Un ano máis celebramos o Festival das Letras Galegas onde o alumnado do centro baila, canta, escenifica, presenta ... Unhas actuacións para lembrar este día tan especial para as galegas e os galegos.

    Tamén nos sentimos moi ben ao saber que as familias están invitadas e serán as testemuñas das nosas creacións.

    O alumnado de 3º de Primaria realizamos unha posta en escena da canción "Tataravoa" de Fillas de Cassandra e o alumnado de 4º de Primaria escenificamos unha obriña teatral, creación propia, sobre a vida da autora homenaxeada este ano, Luísa Villalta Gómez.

Premer na imaxe para visualizar as actuacións!

Grazas a tod@s por participar no Certame Literario "A Xoaniña" e noraboa aos agasallad@s: 
"O Verán da xoaniña", 3º curso, Asier, Aitana, Carlota e Miguel.
"A muller e o gato", 4º curso, Alicia e Lidia.

Premer na imaxe para visualizar a entrega de premios!






lunes, 6 de mayo de 2024

ALMORZOS SAUDABLES: GOFRES, BROCHETAS E ZUME DE LARANXA

       Este luns tivemos un almorzo saudable no cole. En compañía d@s nos@s afillad@s preparamos  gofres, brochetas de plátano con amorodos e zume de laranxa. Que almorzo tan apetecible!

    Tamén decoramos un mural sobre a primavera coa moita axuda d@s nos@s peques.

Que compañía máis agradable! 


jueves, 2 de mayo de 2024

ALMORZOS SAUDABLES: TORTIÑAS DE AVEA E ZUME DE LARANXA

     Este xoves tivemos un almorzo saudable no cole. En compañía d@s nos@s afillad@s preparamos  zume de laranxa e  masa para elaborar tortiñas con avea.

    Tamén decoramos os manteis coa moita axuda d@s nos@s peques.

Vaia almorzo e que boa compañía!


jueves, 25 de abril de 2024

MONTANDO UN COMPOSTEIRO

     Este mércores os alumnos e as alumnas de 3º e 4º de Primaria montamos un composteiro no patio de Infantil. Tivemos que colocar todas as pezas no chan, separar a tapadeira, agrupar as partes semellantes e tratar de que cadrasen. 

    Pois ben, fomos quen de compoñer o aparello e xa só nos falta poñelo en funcionamento!


Estas imaxes amosan o proceso de elaboración do crebacabezas. Ao final conseguímolo!


DÍA DO LIBRO

     Este martes, 23 de abril, celebramos o Día do Libro. E que mellor agasallo para nós que un contacontos no salón de actos.

    Marisa Irinia amosounos un espectáculo moi atractivo "O libro dos pos máxicos". Fíxonos rir moito, gozar dos contos e coñecer as aventuras e desventuras de Sapiña.

23 de abril, Día do Libro!



martes, 16 de abril de 2024

UN DÍA CON CÓMPLICES

     Hoxe foi un día moi especial, recibimos a visita de María e Teo, compoñentes do Dúo Cómplices, grazas a invitación de Yago.

    Foi unha honra telos no cole. Amosámoslle as aulas, fixémoslle unha pequena entrevista e gozamos das súas voces nunha audición no Salón de Actos.

    Ao final conseguimos uns autógrafos nas axendas e desexámoslle moita sorte na súa próxima xira.

    Moitas grazas!  

Premer na imaxe para visualizar o evento!




lunes, 15 de abril de 2024

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

     Este luns a profe Carmen contounos un conto moi emotivo sobre como nos sentimos algunhas veces. O título é moi sinxelo pero ten un gran significado, "A veces" de Claudia Rueda. "A veces te ahogas en una gota ... A veces no hay nada más sorprendente que mirarse en el espejo... 


Unha aperta Carmen, vales un montón!


viernes, 12 de abril de 2024

PLAN PREVENCIÓN DE INUNDACIÓNS

     O mércores pasado asistimos a un obradoiro sobre a  prevención de inundacións. Iria falounos da necesidade de ter limpas as ribeiras dos ríos e evitar as construcións nas súas marxes.

    Tamén realizamos un experimento para observar a velocidade da auga nun lugar sen vexetación e noutro con plantas e raíces.  A información resultou moi interesante.


Premer sobre a imaxe para visualizar a montaxe!


viernes, 23 de febrero de 2024

CALDO DE GLORIA

     Traballamos o poema "Miña casiña, meu lar" da nosa prezada Rosalía de Castro e complementamos a actividade cociñando un rico caldo con unto, grelos, nabos, porros, patacas e feixóns.

    Lembramos o momento cando unha muller moi pobre chegou á súa casiña e non tiña moito para comer, entón buscou na artesa e atopou algo de fariña, foi á horta e colleu verzas e aos poucos foi quen de facer un caldo de gloria.

    A tarefa foi moi interesante xa que os nos@s afillados e  afilladas colaboraron en todas as tarefas.

Feliz Día de Rosalía de Castro!

Alumnado de 3ºP cos afillad@s lectores!
Premer na imaxe para visualizar a tarefa!

Alumnado de 4ºP cos seus afillad@s!
Pica na imaxe para ver a montaxe!


viernes, 9 de febrero de 2024

HEROES E HEROÍNAS

         Os heroes e as heroínas do segundo ciclo estamos dispostos/as a salvar o planeta aplicando a regra dos tres erres: reducir, reutilizar e reciclar.

         Animámosvos a que nos axudedes a salvar a Terra de todas estas agresións que está a sufrir. Ánimo, entre tod@s seremos quen de facelo!


Premer sobre a imaxe para visualizar aos heroes e ás heroínas do segundo ciclo!


jueves, 8 de febrero de 2024

O MECO ORDENA

     Levamos toda a semana con ordes do Meco, vaia mandón, que se algo de papel na cabeza, que se un colar con plástico reciclado, que se unha peza de roupa reutilizada e finalmente unha capa de superheroes e superheroinas. 

    Aquí vos deixamos unha imaxes do elegantes que se pode estar con material de refugallo.


Premer na imaxe para visualizar a montaxe!