Mostrando entradas con la etiqueta curso 2024-25. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2024-25. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de abril de 2025

PLANTANDO OLIVEIRAS

     Hoxe, o alumnado de 3º de primaria, plantamos dúas oliveiras no xardín. Esperamos que medren correctamente e algún día nos den sombra e aceitunas.




Feliz Aniversario profe!!!


OBRADOIROS DÍA DO LIBRO

     Hoxe fixemos unha actividade moi especial, un obradoiro c@s afillad@s para crear un marcapáxinas!

    Sempre é moi agradable estar c@s nos@s tesouriñ@s e poder realizar tarefas en conxunto.





Que marcapáxinas máis lindos!!!


viernes, 11 de abril de 2025

CERTAME LITERARIO "CÁMBIACHE O CONTO"

      Hoxe gozamos coa exposición trimestral dos maiores e gustounos moito. A través da mascota do Serra Vincios falaron dos xogos olímpicos, orixe, curiosidades, incorporación da muller aos xogos ...

        Ao final fíxose entrega dos agasallos para os gañadores do Certame Literario "Cámbiache o Conto". 




Noraboa a todas as agasalladas!!!



miércoles, 9 de abril de 2025

TAREFAS DO HORTO

     Seguimos cos traballos e coidados da horta, regar, retirar malas herbas, revisar as plantiñas, vixiar as aromáticas ... e estamos a ver como medran e se poñen máis lindas.

    Tamén coidamos das froiteiras e ornamentais que se atopan no exterior e regamos a terra para que poidan medrar e dar froitos.

       
                                       


       

Que legumes máis apetitosas!!!   

                                                            



lunes, 7 de abril de 2025

EXPOSICIÓN EDUCACIÓN INFANTIL

     O venres visitamos a exposición que realizou o alumnado de infantil sobre "Mulleres Olímpicas", participamos en todas as estacións que nos amosaron e finalmente fixemos galletas coa masa que xa nos deixaron preparada, con fariña normal, sen glute ou sen lactosa. 

    As profes encargáronse de enfornar e cando estiveron listas degustámolas. Que ricas!!!

       


      


Que ricas estaban as galletas!!! Grazas rapaces!!!


viernes, 4 de abril de 2025

SEMANA DA POESíA

     Gústanos moito ler contos, relatos, adiviñas, cómics, poemas ... pero encántanos que nos agasallen de cando en vez cunha lectura divertida e interesante.

    Pois ben, esta semana, a profe María recitounos poemas moi graciosos e partímonos de risa!



Grazas María e segue a agasallarnos deste xeito!




jueves, 3 de abril de 2025

VISITA AO MONTE GALIÑEIRO

     O mércores, día 2 de abril, subimos ao monte para ver as vacas cachenas e as cabras autóctonas. Estes animais están controlados por pastores virtuais en zonas delimitadas e teñen como finalidade manter o monte limpo de maleza, conservar as especies autóctonas galegas, amosarnos as súas características ... 

    A visita realizada foi para complementar ás actividades realizadas no cole a través  da Comunidade de Montes. 

    Tamén tivemos a oportunidade de poñer nome a unha cachena e ao macho caprino, vaca Lola e Ron, respectivamente.

      Temos que agradecer o tempo e dedicación de Jose, que nos fixo unha excelente presentación do proxecto no centro e unha visita guiada moi interesante. 

          


Grazas Jose por amosarnos unha actividade tan interesante!



miércoles, 5 de marzo de 2025

ENTROIDO 2025

     Este ano celebramos o Entroido no cole representando as distintas Delegacións Olímpicas das parroquias do Concello de Gondomar.

    Ao noso ciclo correspondéronllen as Delegacións de Vincios e de Borreiros. Creamos unha bandeira identificativa de cada parroquia e fixemos complementos para desfilar.

    Unha vez no patio, na pista de baloncesto, fomos pasando a "Antorcha olímpica" e finalmente a nosa mascota  acendeu o "Pebeteiro".


                                                                                       
  Quedan inaugurados os Xogos Olímpicos 2025!


Ánimo e sorte para tod@s @s participantes!

Picar aquí para visualizar a montaxe!


domingo, 23 de febrero de 2025

DÍA DE ROSALÍA

     O 23 de febreiro celebramos o aniversario da nosa poetisa Rosalía de Castro. No cole recitamos algúns dos seus fermosos poemas e fixemos marcapáxinas e taumatropos con imaxes dalgunha das súas  publicacións. Quedaron moi bonitos e cos marcapáxinas agasallamos aos nenos e ás nenas que viñeron recitar ao corrunchiño de Rosalía.

    Parabéns Rosalía e grazas por escribir nunha lingua tan fermosa! 


      

Parece unha rosa!



Unha cantareira máis!
             



                                                                                                                                                

miércoles, 30 de octubre de 2024

O SAMAÍN

     Como tódolos anos festexamos O Samaín, con cestas, cabazas e disfrazamos a realidade amosando os medos. As familias participan coa elaboración das cestas e coa decoración das cabazas. 

    Este ano gozamos dun contacontos fantástico, visitamos a exposición das cabazas e cestas de Outono.