A semana pasada estivemos traballando con rimas, versos e estrofas. Celebramos o Día da Poesía recitando a Rosalía de Castro e creamos versos inspirándonos nos afillad@s.
Este luns, no patio, recitamos as nosas creacións aos afillados e ás afilladas. Que actividade tan fermosa!
Encantáronnos os agasallos que recibimos dos nos@s afillad@s. Grazas por todo e biquiños!