Por equipos, buscamos información sobre a reprodución ovípara e elaboramos uns folletos informativos.
Ademais, estivemos acompañados e acompañadas durante un mes, aproximadamente, dunha incubadora na que tiñamos seis ovos.
Nós mesmos nos encargamos do coidado dos ovos.
Primeiramente regulamos a temperatura da incubadora a 38ºC e logo colocamos os ovos, coa parte máis picuda cara abaixo.
Cada día tiñamos que empapar a esponxa interior para manter a humidade na incubadora e mover os ovos entre tres ou catro veces, inclinándoos aos lados con moito coidada á espera de que os poliños saíran ao pasar 21 días, tempo do período de incubación.